Primeiro Trimestre
Charlas do departamento de Economía
Enviado por admin o Mar, 09/11/2021 - 21:05O alumnado de 4°ESO, 1°Bach e 2°Bach vai participar o día 10 de novembro en dúas charlas organizadas polo departamento de Economía. Estas sesións levan por título Facenda: xestión cívica de impostos e serán impartidas por Guillermo A. Surís Manzano, xefe da sección de Información e Asistencia ao Contribuínte da Axencia Tributaria.
Convocatoria de eleccións ao consello escolar
Enviado por admin o Lun, 08/11/2021 - 19:32Achégase información e documentación para as eleccións ao consello escolar.
Autismo e xénero no Club da Igualdade
Enviado por admin o Xov, 04/11/2021 - 20:17Este próximo luns día 8, de 15:30h e 16:45h, teremos a sesión do Club da Igualdade do mes de novembro, na que falaremos de autismo e xénero. Contaremos coa presenza de Mónica Menéndez, que nos falará, desde a súa experiencia como muller e Asperger, da forma especial de percibir o mundo das persoas neurotípicas, así como das relacións entre xénero e espectro autista.
Eleccións ao Consello Escolar 2021
Enviado por admin o Mar, 26/10/2021 - 18:33Dentro do proceso de convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, comunicamos que o venres 29 de outubro de 2021 ás 12:10h, no patio central do instituto, procederase ao sorteo para designar os membros da Xunta Electoral, que estará formada pola directora; un pai, nai ou titor legal do alumnado; un profesor ou profesora; un membro do Persoal de Adminsitración e Servizos e un alumno ou alumna (estes catro últimos designados por sorteo público).
Constitución da rede RAOGAL
Enviado por admin o Mar, 26/10/2021 - 18:31O xoves 21 de outubro asistimos en Santiago de Compostela ao acto de constitución da Rede de Acompañamento e Orientación persoal e familiar de Galicia (RAOGAL), un proxecto novo da Consellería de Educación para o que fomos seleccionados 32 centros de toda Galicia.
Reunións informativas para familias de 2º, 3º e 4º de ESO e 2º de Bacharelato
Enviado por admin o Lun, 25/10/2021 - 06:44Esta semana convocamos reunións informativas para as familias do alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO e 2º de Bach, de acordo coas seguintes datas e horas:
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
