Blogues
Todos os días son 25 de novembro
Enviado por admin o Mér, 14/11/2018 - 21:19De novo, o alumnado da materia de Igualdade de 2º de ESO pintou frases alusivas ao respecto e contra a violencia ás mulleres nas beirarrúas da nosa vila, na zona do mercado. Como todos os días, hoxe é 25 de novembro.
Momentos do "Divírtete coas matemáticas!"
Enviado por admin o Ven, 09/11/2018 - 23:06Momentos do "Divírtete coas matemáticas!" de hoxe, a iniciativa que unha vez ao mes convidará a achegarse a esta materia dun xeito lúdico e divertido. A proposta está aberta a toda a comunidade educativa. As copias dos xogos van quedar ao longo de toda a semana que vén para que a xente os poida coller para resolvelos e logo entregárllelos ás profesoras de Matemáticas.
Contra a violencia de xénero
Enviado por admin o Ven, 09/11/2018 - 22:48Onte o alumnado da materia Igualdade de Xénero de 2ºESO pintou en diferentes espazos do recinto escolar frases en favor da igualdade que previamente seleccionaran na clase.
Os intercambios no IES Auga da Laxe
Enviado por admin o Mér, 07/11/2018 - 15:46Explicación do que facemos
Divírtete coas matemáticas!
Enviado por admin o Mér, 07/11/2018 - 12:22Pirámide alimenticia e hábitos de vida saudable
Enviado por admin o Mar, 06/11/2018 - 21:23O alumnado da materia Promoción de Hábitos de Vida Saudables de 2ºESO estivo desenvolvendo nas clases un traballo sobre a nova pirámide alimenticia: estudaron cales son os alimentos máis necesarios e as cantidades que deben consumirse para conseguir unha dieta sa e equilibrada, así como outros aspectos que contribúen a mellorar os nosos hábitos de vida: o equilibrio emocional, o consumo de auga, o exercicio físico, etc.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 54
- 55
- 56
- 57
- 58
- 59
- 60
- 61
- 62
- …
- seguinte ›
- última »