Blogues

Roteiro ciclista e surf en Patos

Onte o noso alumnado do intercambio con Dinamarca participou nun roteiro en bicicleta desde Gondomar ata a praia de Patos, onde asistiron a unha clase de surf, actividade que contou coa colaboración do departamento de Educación Física. Hoxe pola mañá asistirán a varias clases no instituto e participarán nunha sesión práctica de tiro con arco que se organiza no noso centro. Pola tarde, visitarán a cidade de Vigo.

Intercambio con Dinamarca

Tiro con arco


O martes 23 teremos no instituto unha xornada de tiro con arco organizada polo departamento de Educación Física e o Club Arco Serra de Gondomar. Está destinada ao alumnado de ESO e ao alumnado visitante do Viby Gymnasium de Århus (Dinamarca).

Alumnado de 4ºESO visita o centro de negocios do Porto do Molle

O próximo 23 de outubro os alumnos e alumnas das materias de Economía e de Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial de 4ºESO van visitar o centro de negocios do Porto do Molle (Nigrán), onde poderán entrar en contacto co labor da aceleradora de empresas de Via Galicia, que dá apoio e asesoramento a emprendedores e empresas na súa fase inicial a través dun espazo coas instalacións necesarias e un servizo de asesoramento empresarial: elaboración de plans de negocio, xestión empresarial, formación,

O Teatro Ensalle trae o proxecto LPQNC ao IES Auga da Laxe

Un grupo de alumnas e alumnos do noso instituto está a participar ao longo desta semana no proxecto performativo Las Palabras Que Nos Construyen (LPQNC), desenvolvido da man de Horman Poster coa colabo

Preparando o #11F


Coma en cursos anteriores xa estamos apuntados para celebrar o 11 de febreiro, Día internacional da muller e a nena na Ciencia, recibindo no instituto a científicas que nos falarán do seu traballo.

Distribuir contido