Roteiro ciclista e surf en Patos

Onte o noso alumnado do intercambio con Dinamarca participou nun roteiro en bicicleta desde Gondomar ata a praia de Patos, onde asistiron a unha clase de surf, actividade que contou coa colaboración do departamento de Educación Física. Hoxe pola mañá asistirán a varias clases no instituto e participarán nunha sesión práctica de tiro con arco que se organiza no noso centro. Pola tarde, visitarán a cidade de Vigo.