Alumnado de 4ºESO visita o centro de negocios do Porto do Molle

O próximo 23 de outubro os alumnos e alumnas das materias de Economía e de Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial de 4ºESO van visitar o centro de negocios do Porto do Molle (Nigrán), onde poderán entrar en contacto co labor da aceleradora de empresas de Via Galicia, que dá apoio e asesoramento a emprendedores e empresas na súa fase inicial a través dun espazo coas instalacións necesarias e un servizo de asesoramento empresarial: elaboración de plans de negocio, xestión empresarial, formación, busca de axudas e subvencións, etc. 
Con esta actividade, organizada polo Departamento de Economía, preténdese que o alumnado reciba información sobre o funcionamento dun viveiro de empresas e coñeza de primeira man a experiencia real de diferentes emprendedores que lles falarán dos seus proxectos empresariais e dos pasos que deron para levalos adiante.