Blogues

Endulzando palabras de invierno

Este martes 18 de decembro o patio central do instituto acollerá unha nova sesión dos recreos con poesía que organiza o departamento de Lingua Castelá e Literatura: "Endulzando palabras de invierno". Nesta ocasión haberá un salón de recitado onde se lerán poemas de inverno, acompañados dunha sorpresa doce. O espazo estará aberto durante o recreo a toda a comunidade educativa para que quen queira poida achegarse e ler un poema.

Concerto de 2º de bacharelato

Este martes 11 tivo lugar na aula de música o primeiro concerto do curso co grupo de 2°Bach, que presentou os cinco primeiros temas do seu repertorio baixo a dirección do profesor Sergio Álvarez.

Arte nos muros do IES Auga da Laxe

Este martes 11 de decembro celebrouse no instituto o acto de presentación do proxecto DepoRuarte, promovido pola Deputación de Pontevedra, que permitiu iniciar nestas últimas semanas unha intervención artística nos muros exteriores do recinto.

Calendario escolar 2018/2019

Claves para un bo uso das redes sociais


O CFR de Vigo invita ás familias a participar na seguinte sesión formativa:
- Claves para un bo uso das redes sociais no IES A Guía, o día 13 de decembro de 2018

"Palabras por ti, mujer"

No recreo do xoves 29 de novembro o patio central do instituto acolleu a acción poética de novembro, titulada "Palabras por ti, mujer", que organiza o departamento de Lingua Castelá e Literatura e que consistiu nunha performance poético teatral coa que se quería convidar a reflexionar, desde as palabras, sobre a violencia machista.

Distribuir contido