Blogues

Día da Poesía

Hoxe, para celebrar o Día da Poesía, compartimos na entrada do instituto bicos... de poesía!

Break Dance

O mércores 3 de abril teremos no patio interior do instituto unha exhibición e batalla de Break Dance coa participación de Vladimir Stuzhinskiy, mellor B-Boy do Festival Marisquiño 2018.

Exames DELF / DALF 2019

Xa está aberto o prazo de matrícula da convocatoria de xuño 2019 para a realización dos exames oficiais DELF.
O prazo de inscrición é do 1 de marzo ao 12 de abril de 2019, ambos incluídos.
Respecto ás datas de realización das probas, estas variarán e

Intercambio co Collège Saint Jean Eudes de Vire (Normandía)

Este sábado 16 marcharon a Francia doce alumnos e alumnas de 3° e 4° de ESO, acompañados de dous profesores, para realizar un intercambio escolar co alumnado do Collège Saint Jean Eudes de Vire (Normandía). Estarán alí ata o sábado 23, participando nun programa de actividades que inclúe convivencia coas familias, asistencia ás clases cos seus compañeiros franceses e excursións pola zona.

Quérote π

 Este xoves 14 de marzo o departamento de Matemáticas organizou unha actividade para celebrar o Día do número Pi. Durante o acto escoitáronse diferentes pezas musicais de Michael Blake e David McDonald inspiradas no número Pi.

Regreso a Gondomar

Hoxe regresan a Gondomar os dezanove alumnos e alumnas de 2ºBach que estiveron nesta última semana participando no intercambio con Dinamarca que organiza o departamento de Inglés. Aproveitaron estes últimos días para visitar o Aros, museo de arte contemporánea de Århus, onde realizaron un dos obradoiros do museo, e a cidade de Copenhague.

Distribuir contido