Break Dance

O mércores 3 de abril teremos no patio interior do instituto unha exhibición e batalla de Break Dance coa participación de Vladimir Stuzhinskiy, mellor B-Boy do Festival Marisquiño 2018. Isto será ás 12:00.
A terceira hora Stuzhinskiy impartirá unha MasterClass para un grupo reducido con coñecementos previos de danza. O número máximo de participantes será de 10 a 12 persoas. Para a inscrición, que é gratuíta, debedes falar co profesor Anxo Iglesias.