Blogues

Viaxe cultural a Salamanca

Os días 4 e 5 de febreiro o departamento de Relixión organiza unha viaxe cultural a Salamanca para alumnado de 4ºESO e 1ºBach.

Palabras en piedra, ausencia en palabras

Este martes 29 de xaneiro o patio interior do instituto acollerá durante o recreo a actividade de dinamización poética de xaneiro, "Palabras en piedra, ausencia en palabras", organizada polo departamento de Lingua Castelá e Literatura.

Ciberseguridade para 4º de ESO


Hoxe recibimos á Montserrat Obach, cibercooperante do INCIBE (Instituto Nacional de Ciberseguridade) e consultora e auditora en protección de datos.

Enfadarnos sen chegar a perder o control

O pasado luns e hoxe, 21 de xaneiro, o alumnado de 2º da ESO participou no obradoiro "Regularte. Enfadarnos sen chegar a perder o control" impartido pola Fundación Amigó. Nel as psicólogas Aora González e Raquel Gallego formaron ao alumnado sobre as emocións e a necesidade de poder xestionalas, especialmente o enfado, para o cal facilitáronlles diferentes técnicas.

Convocadas as probas de acceso a ciclos formativos de 2019.

Convocadas as probas de acceso a ciclos formativos de 2019.
A orde na que se publica a convocatoria está aquí:

Linguas en contacto

Este xoves 10 de xaneiro o alumnado de 1ºBach asistiu á conferencia "Linguas en contacto", impartida por Francisco Dubert, profesor do departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela. A actividade, organizada polo EDLG do instituto, enmárcase dentro do programa "A ponte", promovido pola USC para achegar aos centros de ensino secundario o traballo que se fai en diferentes facultades.

Distribuir contido