Linguas en contacto

Este xoves 10 de xaneiro o alumnado de 1ºBach asistiu á conferencia "Linguas en contacto", impartida por Francisco Dubert, profesor do departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela. A actividade, organizada polo EDLG do instituto, enmárcase dentro do programa "A ponte", promovido pola USC para achegar aos centros de ensino secundario o traballo que se fai en diferentes facultades. A charla, ademais de explicar que é e como se estuda o contacto de linguas, unha situación de convivencia lingüística natural e moi habitual no mundo, convidaba a reflexionar sobre as súas consecuencias tanto a nivel persoal como social, ao tempo que se analizaban as peculiaridades que esta situación presenta no contexto galego.