Exames DELF / DALF 2019

Xa está aberto o prazo de matrícula da convocatoria de xuño 2019 para a realización dos exames oficiais DELF.
O prazo de inscrición é do 1 de marzo ao 12 de abril de 2019, ambos incluídos.
Respecto ás datas de realización das probas, estas variarán en función do tipo de proba e do nivel escollido. Así pois, as probas escritas realizaranse os días 6 e 7 de xuño de 2019 e, por outra banda, as probas orais realizaranse entre o 27 de maio e o 21 de xuño de 2019, dependendo da planificación de cada centro.

Para máis información sobre a convocatoria, exames e matrícula, visitade a web http://www.alliancevigo.org/portfolio-view/delfdalf-junio-2018/ ou poñédevos en contacto coa Alliance Française Vigo.