Intercambio co Collège Saint Jean Eudes de Vire (Normandía)

Este sábado 16 marcharon a Francia doce alumnos e alumnas de 3° e 4° de ESO, acompañados de dous profesores, para realizar un intercambio escolar co alumnado do Collège Saint Jean Eudes de Vire (Normandía). Estarán alí ata o sábado 23, participando nun programa de actividades que inclúe convivencia coas familias, asistencia ás clases cos seus compañeiros franceses e excursións pola zona. Do 28 de abril ao 4 de maio realizarase a segunda parte do intercambio, na que as familias gondomareñas acollerán quince estudantes franceses.