Skip to Content

Admisión alumnado 2019/2020

- Lexislación

- Presentación de solicitudes

- Prazos

- Baremo e letras desempate

- Listas definitivas de alumnado admitido (15/05/2019)

Nota: Ábrese un prazo dun mes a partir do seguinte ao da publicación das listaxes definitivas para interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial (fin do prazo 15/06/2019).

Calendario de exames de xuño para 2º Bacharelato

No documento adxunto pódese consultar o calendario de exames de xuño para o alumnado de 2º de Bacharelato.

Calendario de fin de curso para 2º de Bacharelato

Achegamos no ficheiro adxunto o calendario de fin de curso 18-19 para 2º de Bacharelato, onde se concretan as datas de avaliacións, reclamacións e o período de prematrícula das ABAU.

 

Listados provisionais. Axudas para realización de actividades de formación en Linguas Estranxeiras

Con data de hoxe (13/05/2019) aparecen publicadas as listaxes provisionais de alumnado seleccionado e suplente para acceder as axudas para a realización de actividades de formación en Linguas Estranxeiras. 

Enlace á páxina.

Intercambio cun centro de Moscova

03/05/2019

Dez estudantes do colexio Miguel Hernández, de Moscova, coas profesoras Zhanna Vershinina e Tatiana Baliabina, realizan un intercambio con alumnado e docentes do IES Xelmírez II, que lles visitaron o mes pasado. Onte recibíronlles no Concello e no Parlamento de Galicia, onde fixeron de cicerones os profesores Manuel Amor e Amancio Pampín; visitaron o Gaiás e realizaron un tramo do Camiño. Xa estiveron na Casa Museo de Rosalía, en Padrón; e na de Manuel Antonio, en Rianxo; hoxe teñen programado un concerto didáctico con música tradicional galega a cargo de Pablo Carpinteiro no propio centro.

Ler a nova en La Voz de Galicia

Aliméntate Ben. Materia Bioloxía

Dentro do Plan Proxecta no noso centro traballamos no  Programa Aliméntate Ben, e realizamos una serie de actividades dende distintas materias para fomentar a dieta saudable do noso alumnado.

Proxecta

Na materia de Bioloxía os alumnos aprenderon a interpretar unha etiqueta alimenticia. Para iso, primeiro buscaron información sobre os datos obrigatorios que debe conter unha etiqueta alimentaria, e despois os identificaron en diferentes envoltorios de alimentos que eles trouxeron do seu fogar.

Fixeron carteis con esas etiquetas e coa información recollida. Ademais analizaron o contido en nutrientes que posuían eses produtos, despois analizaron  si as cantidades eran saudables ou non, facendo un semáforo moi visual donde se indicaban os contidos altos, medios e baixos. 

Semáforo

Excursión ao norte de Portugal

Un grupo de alumnos e alumnas do IES Arcebispo Xelmírez II, acompañados polos profesores Manuel Amor e Carlos A. Lebredo, e outros dous grupos do IES n.º1 de A Estrada e do IES Antón Losada Diéguez de A Estrada, realizaron unha viaxe polo norte de Portugal durante os días 28 e 29 de marzo.

Xoves 28: Visita á cidade de Porto: Estação de São Bento, Sé-Catedral, Río Douro, Vila Nova de Gaia, Livraria Lello&Irmão e rúas comerciais.

Venres 29: Cidade de Guimarães (Castelo, Paço dos Duques de Bragança e cidade antiga), Viana do Castelo e Miradoiro de Santa Luzia.

Cozinham bem o bacalhau, pá

Viaxe ao norte de Portugal

Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos

Preparación cultivos

Na matería de Bioloxía no Bacharelato STEM aproveitamos a sesión do día 14 de marzo para adicala aos microorganismos.

Os alumnos realizaron medios de cultivo, para posteriormente facer cultivos bacterianos.

Tamén observamos fermentos ao microscopio e fixemos cultivos deles.

Aproveitamos para observar platihelmintos de vida libre, a Planaria.

 Preparación de cultivos

Preparación de cultivos

Viaxe a Provenza (Francia)

Alumnado do noso centro xunto co do IES n.º 1 de Ordes está realizando unha viaxe cultural por esta preciosa rexión francesa.

A súa andaina comezou o día 5 en Carcassone continuando por Montpellier, tamén visitaron Nîmes, Arles, Avignon e Orange

Carcassonne

Carcassonne

 

Monrpellier

Montpellier

 

Orange

Orange

Despois de visitar La Camargue, Aix-en-Provence, rematamos a nosa viaxe en Marseille

Marseille

Conferencia de Marcelino Agís

Conferencia de Marcelino Agís

Feminismo pacifista: Exposición 100 anos WILFP. Encontro con Carmen Durán

Dende a semana pasada temos no vestíbulo do centro a exposición "100 anos WILFP", unha mostra de 40 paneis que percorren os principais momentos e accións que a Liga Internacional de Mulleres pola Paz e a Liberdade realizou en todo o mundo nos seus 100 anos de historia. WILFP é unha ONG internacional con seccións nacionais en todos os continentes. Carmen Durán, unha das fundadoras da sección española de WILFP, veu ter un encontro co noso alumnado, para contarlles como mulleres de todo o mundo que participan en movementos pola paz, están cambiando de distintas formas as nosas sociedades. É un feito de experiencia que a probabilidade de que un acordo de paz sexa duradeiro, aumentan se participan nel as mulleres. Vamos, que a paz é cousa de mulleres...

Feminismo pacifista

Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos

Distribuir contido


by Dr. Radut