Skip to Content

Lingua Castelá

Primeiro exame para alumnado con materias pendentes deste departamento. Curso 19-20

Terá lugar, tanto para os cursos de ESO como para Bacharelato, o xoves 16 de xaneiro de 2020, de 16:30 a 18:00 horas na aula de usos múltiples do instituto.

Programación didáctica Departamento de Lingua castelá e literatura do curso 19-20. Extractos

Figuran a continuación os arquivos correspondes á información da PD deste departamento relativa á avaliación das materias de ESO, de Bacharelato e das materias pendentes de cursos anteriores.

Exame para alumnado con materias pendentes deste departamento

Recórdase ao alumnado e as súas familias que, segundo foi informado  en nota enviada ao comezo do curso aqueles alumnos,-as que non aprobaron ou non se presentaron á proba do 17 de xaneiro deben presentarse o xoves 2 de maio a un novo exame de recuperación da materia pendente. Será de 16:30 a 18:00 na aula de usos múltiples e, se ben a proba dos cursos de ESO está prevista para que resolva en menos tempo que a de bacharelato, o alumnado que o precise disporá de tempo até as 18:00 horas.

Actividade de animación á lectura para 1º de Bacharelato

O martes 2 de febreiro a actriz Raquel Queizás visitou o noso centro para facer unha dramatización das historias que o alumnado de 1º de bacharelato leu na primeira avaliación no libro Mitos griegos, de Maria Angelidou. Caracterizada como Palas Atenea, e coa colaboración de varios alumnos e alumnas que subiron con ela ao escenario, enlazou varias historias que teñen como fío conductor o amor, en particular o non correspondido, e nas que aparecen Teseo, o Minotauro, Eco, Narciso , Zeus... Podedes ver dúas fotografías nos arquivos adxuntos

Conversa literaria

A escritora e os seus lectores

    O pasado 25 de febreiro visitounos no instituto Alicia Borrás, autora de Nata y chocolate, un dos libros de lectura obrigatoria para os alumnos de 1º de ESO. Ademais de comentar distintos aspectos da trama, a escritora respodeu moitas preguntas dos alumnos, que non so se interesaron pola segunda parte da novela -de próxima aparición- senón tamén por cuestións relativas ao proceso de escritura, os libros que ela leu cando era nena, se ten obra para adultos... E, para rematar, firma de libros personalizada para cada un dos seus lectores.

DEPARTAMENTO DE LINGUA CASTELÁ: DÍA DO LIBRO

DEPARTAMENTO DE LINGUA CASTELÁ: DÍA DO LIBRO

El escritor XOSÉ NEIRA CRUZ nos habló el día 23 de abril sobre su vinculación con los libros y las historias.

Proxección da primeira parte da película Cometas en el cielo

24/04/2012 00:20
24/04/2012 10:10

Martes 24 de abril

  • De 9:20 a 10:10, para 1º de Bacharelato e 4º de ESO, proxección da primeira parte da película Cometas en el cielo. Continuarase proxectando despois do recreo. Dada a súa duración, non se rematará ao final da terceira hora, polo que os profesores correspondentes á cuarta hora irán con eles ás aulas respectivas cando finalice.

Conferencia do escritor e periodista Xosé Antonio Neira Cruz sobre a lectura

23/04/2012 00:30
23/04/2012 11:30

Asistencia á representación teatral "Tempestades"

21/11/2011 00:30
21/11/2011 14:10

O alumnado de 3º da ESO e 1º de bacharelato, asistirá o 21 de novembro ás 10:15 no colexio “La Salle”, á representación da obra TEMPESTADES  do actor e director Ricardo Frazer.
O actor da vida a 14 personaxes diferentes sobre textos de grandes autores da literatura universal.

Distribuir contido