Skip to Content

Patrimonio artístico

"Mural de Xelmírez" Alfonso Costa, 1985

Este mural que preside o amplo vestíbulo do Instituto foi realizado polo artista Alfonso Costa (Noia, 1943) no mes de setembro de 1985 mentres ao seu arredor os obreiros erguían os muros do edificio en construción. Foi una das primeiras obras realizadas ao abeiro do decreto de Fomento do Patrimonio artístico do Ministerio de Cultura (xuño de 1985).

No mes de abril de 1995 Alfonso Costa ofreceu una charla explicativa deste mural, no propio vestíbulo do instituto, ao alumnado de Historia da Arte do Curso de Orientación Universitaria.

Desde a súa realización o mural inclúese de maneira destacada nos catálogos e monografías que recollen a obra artística de Alfonso Costa.

Carlos Álvarez Lebredo



page | by Dr. Radut