Skip to Content

2016/17

Pasado, presente e un futuro moi prometedor na celebración do 30 aniversario do Plan Comunitario de Vite

O pasado mércores 15 de novembro, celebrouse no Centro Sociocultural José Saramago de Vite o trinta aniversario do Plan Comunitario do barrio. O programa de actos incluiu a presentación da exposición “30 anos facendo barrio”, a proxección do documental “Brancos, marróns, verdes e grises” e actuacións musicais a cargo de alumnas e alumnos do noso centro. 

Té con Kant

O 6 de  marzo de 2017, 30 das nosas alumnas e alumnos (o que nos permitiu o aforo) asistiron a representación de "Té con Kant" no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia. A obra non só foi moi esclarecedora dende o punto de vista filosófica, senón moi, moi divertida.

Se nos invitan, queren repetir!

Alejandro Villamor Iglesias: A construción da identidade sexual na adolescencia: o modelo da pornografía

Alejandro Villamor Iglesias, Graduado en Filosofía pola USC e alumno do Máster de Profesorado de Educación Secundaria (et alt) pola USC, en prácticas no noso centro, impartiu unha conferencia moi interesante ao alumnado da materia de Psicoloxía sobre os problemas, derivados do visionado da pornografía existente na rede, no que se refire a construción da identidade sexual.

O alumnado seguiu con moito interese as reflexiones do ponente. 

Moitas gracias pola túa colaboración Alejandro!

Xosé Luís Barreiro Rivas: Filosofía das cousas humanas

O profesor de Ciencias Políticas e da Administración da USC, impartiulles unha interesante conferencia ao alumnado de 4ESO sobre a relación entre cidadanía e política a partires da concepción central de política de Aristóteles. Tratou temas de actualidade e cercanos. A conferencia foi o 18 de abril de 2017.

Moitas gracias por sacar tempo da súa apretada axenda e achegarse ata o noso centro!

Manuela Lema Bouzas: unha viaxe pola neuroloxía

A primeira neuróloga galega, Manuela Lema Bouzas, que exerceu con CHUS (actualmente está xubilada), fixo un percorrido moi interesante sobre a historia da neuroloxía para o alumnado da materia de Psicoloxía o día 27 de marzo de 2017.

Gracias Manuela por darnos toda a túa sabedoría e simpatía!

IV Olimpíada Filosófica de Galicia

En febreiro de 2017 alumnado de noso centro achegouse ata a Facultade de Filosofía para participar na Olimpíada Filosófica de Galicia. Foi unha experiencia moi interesante e divertida! Penso, logo estorbo!

Conferencia de Ángel Carracedo: Estudo Farmacoxenético sobre tratamentos con persoas con TDAH

O xoves 15 de marzo de 2017 Ángel María Carracedo Álvarez, director do Instituto de Medicina Legal da USC e do Grupo de Medicina Xenómica, achegouse ata o noso centro para impartir unha conferencia sobre o novo pulo que lle deu a esta investigación. A sala de usos múltiples estaba a rebosar, aínda que el viña para falar co alumnado de Psicoloxía! Xa non cabía ningúen máis!

Moitas gracias Ángel pola túa cercanía e xenerosidade.

 

Enriquecedora e moi divertida, así foi a nosa experiencia na Feira de Proxectos de Piteas

A piques de rematar o curso chega o momento de compartir experiencias dos proxectos desenvolvidos ao longo do mesmo. Como moitos de vós xa sabedes o noso IES está formando parte do programa Piteas, colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Fundación Barrié e a Universidade de Santiago de Compostela.

Neste ano académico desenvolvimos, co alumnado de 1º ESO, un ambicioso proxecto orientado á mellora das instalacións e do clima de convivencia no centro e na tarde do venres 9 de xuño participamos, xunto cos outros 7 centros que forman parte do programa, na Feira ideada para expoñer e compartir proxectos, na Cidade da Cultura. No noso stand, a maqueta de redeseño das aulas foi unha das grandes protagonistas.

O noso equipo de dinamización lingüística premiado no concurso de fotos para #quesevexaogalego

Onte rematou o prazo de publicación de fotos en Twitter para participar no concurso #quesevexaogalego da CTNL - Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua.  

O noso equipo de dinamización lingüística, coa súa conta @Fala_X2 na que podedes ver todas as fotos, resultou premiado pola súa participación. En grande medida o éxito debémosllo ao alumnado de 1º ESO que foi a máis entusiasta aportando frases e fotos. 

"En galego sen cancelas" participamos no Correlingua 2017... e con premio!

O alumnado de 1º ESO, da man do equipo de dinamización lingüística do centro, participou esta semana no Correlingua 2017. Baixo o lema "En galego sen cancelas" camiñaron, cantaron en bailaron como eles mesmos contan no blogue FalaX2. Ademáis gañaron o 2º premio no concurso de pancartas para animar a celebración. 

Na imaxe baixo estas liñas podedes ver algúns alumnos e alumnas, na praza da Quintana, recibindo o premio. Sobre estas liñas, o video, creado polo equipo de dinamización, resumo da experiencia.

Vista do alumnado de 2º ESO á Casa das Ciencias de A Coruña

Cerrando a semana que mais actividades complementarias e extraescolares concentra no noso IES, o alumnado de 2º ESO visitaba hoxe a Casa das Ciencias de A Coruña. A visita comenzou coa visualización no planetario da película "Da Terra ao Universo", un espectacular viaxe de 30 min no tempo e no espazo, e coa explicación do ceo de primavera que poderemos do que poderemos disfrutar esta noite con visualización en tempo real.

Charla de emprendemento TIC por Daniel Seijo, CEO de Menéame, fundador de Diariomotor e exalumno do centro

Continuando cunha semana frenética en actividades complementarias, hoxe tivemos no centro unha visita moi especial. Daniel Seijo, ademáis de CEO de Menéame, fundador de Diariomotor e artífice de outros moitos proxectos de emprendemento TIC, é exalumno do IES Arcebispo Xelmírez II e, polo tanto, estivo moitas veces sentado escoitando charlas na mesma sala na que hoxe o recibía a él o alumnado de 4ºESO e 1ºBAC.

Visita do alumnado de tecnoloxía ao parque eólico experimental de Sotavento

O martes 4 de abril o alumnado da materia de tecnoloxía de 3º e 4º ESO e de 1º BAC realizou una visita ao parque eólico experimental de Sotavento. Despois dunha breve introdución teórica ao concepto de enerxías renovables e as súas vantaxes, pasamos a vistar a vivenda bioclimática e un aeroxerador por dentro.

IKEA impartiu un taller sobre a realización de proxectos de interiorismo ao alumnado de 1º ESO

No marco do programa PITEAS para o desenvolvemento do talento nas aulas, colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria coa Fundación Barrié, no que está integrado o noso centro; o alumnado de 1º ESO recibiu o luns 3 de abril a visita dun equipo de IKEA A Coruña que impartiu unha charla-taller sobre "Cómo realizar un proxecto de interiorismo".

Olimpiada de Filosofía de Galicia

A nosa alumna de 4º ESO B,  Leila Fernandez Castro , é finalista en Disertación Moral.

O próximo venres, día 17, defende a súa tese.

Parabéns, Leila!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut