Skip to Content

Francés

ACTIVIDADE LÚDICA

Xov, 02/11/2023 

Contacontos amenizado polo profesor de idiomas e narrador camerunés Samuel Mountoumnjou. Actividade pensada para fomentar a comunicación oral en francés, a escoita activa e a participación dos alumnos.

Todo un éxito!


Foto1

Foto1

FoodTruck

FoodTruck

Obradoiro de "crêpes".

O venres 14 de abril, tivemos a sorte de pasar toda a mañá con Jérémie. Veu ao noso centro coa súa incrible food truck "La Marinière". Ademais de falarnos de Bretaña e dos puntos en común con Galicia tamén nos preparou unhas "crêpes" estupendas.  Os/as alumnos/as de 1º e 2º de ESO actuaron facendo de vendedores/as, clientes pero tamén de cociñeiros/as e todo en francés, por suposto. Foi unha actividade moi entretida. Todo un éxito! O próximo ano repetiremos.


Fotos da actividade

DELF escolar 2020

Parabéns !!! Todo o alumnado inscrito na convocatoria do ano 2020 aprobou a proba do DELF nivel B1. Noraboa por telo conseguido nunhas circunstancias tan especias.

DELF 2020

 

Aliméntate ben. Francés

Os alumnos de primeiro da ESO buscaron información sobre diferentes alimentos en Francés, estudaron a pirámide alimenticia e elaboraron murais en grupos con estes alimentos, utilizando vocabulario axeitado en lingua francesa. 

Fiestinema: festa do cine francófono para xóvenes

50 alumnas e alumnos de 3.º de ESO asistiron o xoves 21 de novembro á proxección da película "Comme un Lion" e 22 alumnas e alumnos de 1 bacharelato á proxección do documental "Swagger" o venres 22 de novembro na Sede Afundación en Santiago, nunha actividade ofertada pola Alianza Francesa.

Fiestinema

Fotos cedidas pola AF de Santiago

DELF ESCOLAR 2019

Parabéns ao alumnado que se presentou á convocatoria do DELF ESCOLAR 2019 nivel B1! 100% de aprobados!

 

Profesorado do departamento de francés para o curso 2020_2021

Dona Sara Fernández Souto: Xefa do departamento

Dona María Rosaura Rodríguez García: Profesora 

Aliméntate Ben. Materia Francés

Os alumnos de primeiro da ESO buscaron información  sobre diferentes alimentos en Francés, estudiaron a pirámide alimenticia e elaboraron murais en grupos con estas pirámides, utilizando vocabulario axeitado en lingua francesa. Tamén comprobaron as etiquetas alimentarias para detectar si había error las tradución que se facían dando estaban escritas en Francés.

Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos

Viaxe a Provenza (Francia)

Alumnado do noso centro xunto co do IES n.º 1 de Ordes está realizando unha viaxe cultural por esta preciosa rexión francesa.

A súa andaina comezou o día 5 en Carcassone continuando por Montpellier, tamén visitaron Nîmes, Arles, Avignon e Orange

Carcassonne

Carcassonne

 

Monrpellier

Montpellier

 

Orange

Orange

Despois de visitar La Camargue, Aix-en-Provence, rematamos a nosa viaxe en Marseille

Marseille

Concurso "Affiche ton français"

No concurso que por terceiro ano convocou a Asociación de Profesores de Francés de Galicia (http://www.galigalia.eu) en colaboración coa Editorial Santillana ,"Affiche ton français" (o tema deste ano:  o cine francófono) a alumna de 3º ESO B,  Patricia Torreira Iglesias, acadou o primeiro premio na categoria de 2º ciclo de ESO. Noraboa!  

          

Concurso "Affiche ton français"

No concurso que por segundo ano convocou a Asociación de Profesores de Francés de Galicia (http://www.galigalia.eu) en colaboración coa Editorial Santillana e TV5 Monde, "Affiche ton français" dúas alumnas participantes, Laura Mansilla e Carme Celia Pérez, acadaron un 1º e 3º premio.

   

Distribuir contido


by Dr. Radut