Skip to Content

Economía

Programacións didácticas Cultura Financeira - Economía 2023/2024

Programación didáctica da materia de CUltura financeira 3 curso da ESO

Programacións Departamento de Economía

Programacións didácticas curso 2023/2024 do Departamento de Economía. 

Programacións didácticas Economía curso 2022-2023

Visita: FINSA

O 20 de febrero os alumnos de economía de empresa visitaron a FINSA-Santiago para coñecer de primeira man a realidade empresarial.  A visita transcorriu por cada unha das fases do proceso de elaboración de taboleiros e mobles, mediante unha audioguía. Finalmente os responsables de RRHH e Xestión mostraron ao nosos alumnado diversos aspectos coma a formación requerida para cada posto de traballo así coma aspectos da xestión propia dunha empresa de gran tamaño.

Agradecendo a atención prestada, especialmente a Beatriz Sanchez del Rio da Area de personal, esperamos poder volver noutra ocasión. 

FINSA

Asistencia á gala: Día da Infancia. 30 anos

A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia, en coordinación coa Xunta de Galicia e coa Plataforma de Infancia estatal, conmemora o 30 aniversario da Convención sobre os Dereitos da Infancia.

As aportacións sobre reivindicacións que os alumnos e alumnos de economía de 4º ESO expuxeron o 20 de novembro na Sede da Xunta de Galicia para amosar a importancia da educación na resolución de conflitos e a necesidade de poñerlle freo ao acoso escolar, foron escoitadas polas entidades de infancia asistentes e sobre todo polos responsables políticos, facendo desta maneira que os nenos e as nenas sexan coñecedores dos seus dereitos e suxeitos reivindicadores.

Igualmente a presentación do evento por dous estudantes de 1º de bacharelato CC Sociais, Alán Álvarez e Uxía Martínez que tan ben o realizaron, fixo que tamén foran as estrelas do acto.

Infancia01

Infancia02

Infancia03

Charla: Programa eduemprende Actúa - IGAPE

O día 19 de novembro un total de 86 alumnos e alumnas de 4º ESO e 1º bacharelato que cursan a materia de Economía asistiron no centro a charla sobre Emprendemento por parte dun representante do IGAPE dentro do programa ACTÚA da Conselleria de Educación.                             

Ademáis o xoven emprendedor Adrián Acevedo de Boanerges Mercado, narrou a súa propia experiencia vital dende os inicios con tan so 20 anos ata actualidade sendo moi aplaudido polos nosos rapaces e rapazas. 

O noso agradecemento a ambos e ata o próximo curso!

Técnicas de estudio de economía

No seguinte documento tedes as formas de estudar as materias do departamento. TEE.pdf

Charla Eduemprende

O xoves 24 de xaneiro tivo lugar no IES a charla Eduemprende dirixida ao alumnado que cursa economía, de 4º ESO, 1º e 2º BACH, que forma parte do programa do Plan Eduemprende da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Na primeira parte María Traveso, representante do IGAPE, falou da posibilidade de que nun futuro o alumnado crease a súa propia empresa, a partires dunha idea, e do asesoramento, viveiros, e axudas económicas ao seu alcance no IGAPE.

Na segunda parte foi Maite Vence, quen lles relatou a súa experiencia como creadora de OBSERVER Turismo Científico, unha spin off da USC moi innovadora en proceso de expansión.

O finalizar os alumnos participaron preguntando dúbidas e ampliando a información.

Visita do alumnado de 4º ESO á CRTVG

O pasado 29 de novembro de 2017, no marco do programa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria "Visitas a Empresas", o alumnado de Economía e de Iniciación á Actividade Emprendedora de 4º ESO visitou as instalacións da CRTVG.

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 2021-2022

Pódese consultar a PD do departamento para o curso 2021/2022 no arquivo adxunto.

Distribuir contido


by Dr. Radut