Skip to Content

Visita do alumnado de 4º ESO á CRTVG

O pasado 29 de novembro de 2017, no marco do programa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria "Visitas a Empresas", o alumnado de Economía e de Iniciación á Actividade Emprendedora de 4º ESO visitou as instalacións da CRTVG.

A visita tivo lugar nas instalacións da CRTVG en San Marcos e foi guiada pola relacións públicas do ente que amosou ao alumnado e profesores acompañantes todos os platós de gravación dos telexornais e as cabinas de imaxe, son, iluminación e redacción.

A actividade resultou moi interesante pola oportunidade para ver como traballan en directo nos distitos ámbitos xornalísticos e tecnolóxicos. Destacamos, ademáis, a amabilidade coa que atenderon ao grupo grazas á cal foi posible profundizar no coñecemento do mundo xornalístico.

 

Máis información | Programa de visitas a empresas: visitas á CRTVG

 



story | by Dr. Radut