
A dirección e parte do profesorado do noso centro, IES Arcebispo Xelmírez II, participan no presente ano académico no programa de innovación da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, Observa_Acción: Innovación docente desde a observación, a avaliación e o intercambio entre iguais na modalidade de Visita de observación a centros de referencia no espazo internacional.
O programa ten entre os seus obxectivos:
- Experimentar novas vías de formación do profesorado e favorecer a innovación educativa entre os docentes e os centros educativos de Galicia, así como con outros centros doutras Comunidades Autónomas e doutros países socios en proxectos internacionais.
- Favorecer a internacionalización dos centros educativos, abrindo as súas portas a proxectos transfronteirizos, tanto no Estado español coma fóra del, fomentando a integración reflexiva e contextualizada de innovacións educativas na súa propia práctica docente.