Skip to Content

2011/12

Participación no Teatro Intercentros

24/04/2012 10:30
24/04/2012 14:10

Actividade organizada polo departamento de normalización e dinamización.

O alumnado de 1º ESO A participa no Teatro Intercentros

Martes 24 de abril

Dende ás 10.30 h ata as 14.10 h.

Curso: 1º ESO A acompañados pola profesora Felicia Estévez Salazar.

VISITA DE TRES EX-PARLAMENTARIOS Ó XELMÍREZ II

O xoves 22 de marzo tivemos a visita de 3 ex-parlamentarios no Instituto, para dar unha charla-coloquio.

Máis información aquí:

Visita ex-parlamentarios

Obradoiros sobre resolución de conflictos

09/02/2012 00:20
09/02/2012 10:10

Obradoiros sobre resolución de conflictos impartidos por IGAXES 3-ALEIDA

Grupos participantes: 2º ESO A, B, e B desdobre

Datas: 26 de xaneiro, 2 e 9 de febreiro (as tres datas para cada un dos grupos)

Horario: de 9:20 a 10:10, nas sesións de titoría.

Obradoiros sobre resolución de conflictos

02/02/2012 00:20
02/02/2012 10:10

Obradoiros sobre resolución de conflictos impartidos por IGAXES 3-ALEIDA

Grupos participantes: 2º ESO A, B, e B desdobre

Datas: 26 de xaneiro, 2 e 9 de febreiro (as tres datas para cada un dos grupos)

Horario: de 9:20 a 10:10, nas sesións de titoría.

Exposición sobre a vida e obra de F. Asorey

No vestíbulo do centro exhíbese un interesante material gráfico sobre a vida e a obra do escultor Asorey. Foi xentilmente cedido pola profesora Maribel Iglesias Baldonedo- experta na obra de Asorey e que ten un blog dedicado á súa figura- por intermediación do profesor do noso centro Javier Travieso, tamén gran coñecedor da traxectoria humana e profesional do escultor de Cambados. Con esta exposición damos continuidade no IES Arcebispo Xelmírez II á serie de actos coa que se conmemorou durante o ano 2011 o 50º aniversario do pasamento do artista .
Francisco Asorey (Cambados, 1989-Santiago, 1961)  é considerado por algúns críticos como unha das figuras mais relevantes da renovación da arte escultórica española do século XX. Plasmou en boa parte da súa obra figuras moi representativas de Galicia. Está soterrado no Panteón de Galegos Ilustres.

Charlas sobre a prevención do alcoholismo e a drogodependencia

27/01/2012 11:20
27/01/2012 14:10

Actividade do departamento de Orientación

Os días 20 e 27 de xaneiro, venres, a Cruz Vermella impartirá ó alumnado de 3º e 4º curso de ESO charlas sobre a prevención do alcoholismo e a drogodependencia.

O horario para os dous días citados é o mesmo: as actividade farase a 3ª e 4ª hora para 3º de ESO  e a 5ª e 6ª para 4º de ESO.

Charlas sobre a prevención do alcoholismo e a drogodependencia

20/01/2012 11:20
20/01/2012 14:10

Actividade do departamento de Orientación

Os días 20 e 27 de xaneiro, venres, a Cruz Vermella impartirá ó alumnado de 3º e 4º curso de ESO charlas sobre a prevención do alcoholismo e a drogodependencia.

O horario para os dous días citados é o mesmo: as actividade farase a 3ª e 4ª hora para 3º de ESO  e a 5ª e 6ª para 4º de ESO.

Visita á Casa Museo Rosalía de Castro

30/01/2012 10:00
30/01/2012 14:00

Actividade do Departamento de Xeografía e Historia.(En colaboración coa fundación Rosalía de Castro e Seminario da Paz)


Visita á Casa Museo Rosalía de Castro, onde o alumnado do centro representará unha obra de teatro e escenificará poemas sobre o tema da paz.

Participantes: alumnado de 1º de ESO

Data: 30 de xaneiro, luns.

Horario: saídas ás 10:00 e regreso ás 14:00 horas.

Profesorado acompañante: Mª Jesús Cabado e Juan Ramón Pais

Concerto didáctico no Auditorio de Galicia

19/01/2012 10:30
19/01/2012 12:30

Actividade departamento de Música. Concerto didáctico no Auditorio de Galicia.

Data: 19 de xaneiro,xoves.

Horario: Saída ás 10:30 e   regreso aproximado ás  12:30. Alumnado participante: 2º A e 2º B de ESO.

Profesorado acompañante: Carmela Cobo e Pepe Castelo.

Patinaxe na pista de xeo

13/01/2012 10:00
13/01/2012 13:15

Actividade do departamento de Educación Física: Patinaxe na pista de xeo instalada na praza da Quintana.

Alumnado participante: 1º A, B e C de ESO.

Profesorado acompañante: Juan Ramón Pais e Maribel Carro.

Día e hora: 13 de xaneiro, venres.
                Saída ás 10:00 horas.Regreso aproximado ás 13.15 horas.