Skip to Content

Xeografía e Historia

Historia do Mundo Contemporáneo. Organización das actividades de seguimento, recuperación e avaliación da materia pendente de 1º de BAC

Aliméntate ben. Xeografía e Historia

Fíxose un estudo sobre os produtos que se cultivaban nos hortos  da zona e nos hortos familiares dos alumnos, elaborouse un seguimiento sobre a forma de cultivo, si se utilizaban abonos , pesticidas, plaguicidas ou se evitaban. E se investigou sobre a agricultura ecolóxica. Decidiuse entón, realizar sembra de productos de horta  dende o grupo do Club de Ciencia, sendo ecolóxicos no seu cultivo.

Simulación de excavación arqueolóxica no centro

O día 10 de xuño o alumnado de 1.º ESO realizou unha simulación dunha excavación arqueolóxica no centro.

Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos

 

Club de lectura: Artigos de investigación.

Durante o 2.º recreo dos mércores de novembro de 2018 a maio de 2019 o club de lectura realizou lecturas e comentarios en grupo de artigos sobre: Ötzi, o home de Hauslabjobch, o  mundo das momias e os mitos do cine, o interior das pirámides, o estudio da Atlántida a través da arqueoloxía, os celtas en Hispania, a muller e a infancia na arqueoloxía, mulleres na arqueoloxía (lectura dun artigo da conferenciante Celtia Rodríguez).

Visita ao Castro de Viladonga e a Lugo

O alumnado de 1.º ESO realizou o día 29 de maio unha visita ao Castro de Viladonga e a Lugo acompañado polos profeesores Pilar Tobar e Amancio Pampín. No Castro de Vilandonga tiveron ocasión de participar nun obradoiro de arqueoloxía sobre o terreo e en Lugo visitaron as escavación arqueolóxicas da cidade (templos, piscina) e deron un paseo pola súa muralla.
Lugo
Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos
 

Saída a Dombate, Borneiro e Anllóns

O alumnado de 1.º ESO realizou unha saída a Dombate, Borneiro e Anllóns o día 21 de maio acompañado polo profesor Amancio Pampín, ademais das visitas realizaron distintos obradoiros: excavación, música, moenda e arqueoloxía.

Visita a Dombate

Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos

Visita á biblioteca da Facultade de Xeografía e Historia

O alumnado de 1.º ESO visitou a biblioteca de Facultade de Xeografía e Historia da USC, ademais realizaron un traballo nos laboratorios de arqueoloxía.

Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos

Conferencia “As eleccións en Roma”

O día 8 de maio a profesora Ana Suárez (Facultade de Historia da USC) impartiu a conferencia  “As eleccións en Roma” na que realizou un achegamento ás maxistraturas republicanas romanas a través das fontes literarias e arqueolóxicas.

Distribuir contido


by Dr. Radut