Skip to Content

Bioloxía e Xeoloxía

Conferencia do Dr. Miguel González Blanco no STEMbach

O doutor Miguel González Blanco, investigador do CiMUS da USC, pronunciou no noso centro unha conferencia para o alumnado STEMbach.

Nesta charla, puido compartir co alumnado a súa traxectoria investigadora, desde a súa etapa predoutoral ata a actualidade. Ademáis, explicou con enorme claridade os aspectos esenciais do traballo que desenvolve na investigación de reparación do ADN.

Moitísimas grazas ao Dr. González Blanco, así como ao CiMUS, por esta motivadora conferencia, e por compartir con nós o seu valioso tempo e os seus inmensos coñecementos.

Plan de recuperación 2023-24 para o alumnado con materias pendentes do departamento de Bioloxía e Xeoloxía

Plan de recuperación para o alumnado que ten a materia Bioloxía e Xeoloxía de 1º de bachillerato, de 1ºESO e/ou de 3º ESO pendente.

 En cada trimestre do curso (tres trimestres) o alumnado con materias pendentes do departamento de Bioloxía e Xeoloxía realizará unha proba escrita e terá que entregar unhas actividades escritas.

 A cualificación da proba escrita será o 80% da cualificación do trimestre, a cualificación das actividades entregadas será o 20% da cualificación do trimestre. A cualificación final da materia será a media aritmética das cualificacións dos tres trimestres. Para aprobar a materia pendente a cualificación final deberá ser igual ou superior a 5.

Existen aulas virtuais específicas para o alumnado do departamento de Bioloxía e Xeoloxía con materias pendentes.

Para preparar as probas escritas e realizar as actividades correspondentes a cada trimestre o alumnado deberá utilizar o libro de Bioloxía e Xeoloxía (de 1º ESO, de 3ºESO ou de 1º de bacharelato, segundo corresponda ao curso da materia pendente) de uso xeral no curso actual.

Os temas e apartados do libro (para preparar a proba escrita) e as actividades correspondentes a cada trimestre indicaranse na aula virtual de pendentes de Bioloxía e Xeoloxía de cada curso. As actividades escritas de cada trimestre entregaranse na aula virtual correspondente. En casos excepcionais e xustificados poderán entregarse ao profesor de Bioloxía e Xeoloxía do curso actual ou ao xefe do departamento.

A data límite para a entrega das actividades escritas de cada trimestre indicarase na correspondente aula virtual.

A data, hora e lugar das probas escritas do alumnado con materias pendentes será establecida pola dirección do IES, que informará o alumnado e ás súas familias.

Voz Natura 2022-2023

Voz Natura 2022-023. Actividades realizadas no IES Arcebispo Xelmirez II.

 

Participación no programa PIALE

O profesor Santiago Montero Vilar participou xunto con outros docentes no programa PIALE. O obxectivo do proxecto é a observación das metodoloxías pedagóxicas do sistema educativo canadense.

PIALE

Programación didáctica LOMLOE Bioloxía e Xeoloxía 2022-23

Programación didáctica LOMCE Bioloxía e Xeoloxía 2022-23

Voz Natura curso 21/22

Visita: Saída a Sotavento

O pasado 16 de novembro, o alumnado de 4ºESO de Ciencias Aplicadas, Cultura Científica e Tecnoloxía visitou o Parque Eólico Experimental de Sotavento, en Xermade (Lugo).

Logo de recibir unha explicación xeral da historia e sentido do Parque, o alumnado dividiuse en dous grupos para percorrer as instalacións acompañados polo persoal, que foi explicando polo miúdo todo canto alí se viu.

Entre outras cousas, o alumnado puido ver os elementos que se aloxan na góndola dun aeroxerador e incluso asomarse ao interior do fuste dun aeroxerador en funcionamento.

Un dos momentos máis interesantes da visita foi a entrada na vivenda bioclimática demostrativa, na que observar diversas técnicas de aforro enerxético, dende o propio deseño pasivo da vivenda (orientación, muros trombe, reaproveitamento de pluviais, etc.), ata a incorporación de instalacións enerxéticas eficientes (caldeira de biomasa, bomba de calor, etc.).

Sen dúbida, unha saída ben aproveitada. Grazas ao persoal de Sotavento.

Sotavento

Sotavento

Sotavento

IX Maratón de Astropartículas

O IX Maratón de Astropartículas celebrarase en Santiago de Compostela entre os días 13 e 15 de outubro de 2021. O proxecto, financiado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía ( FECYT), pretende divulgar todas as cuestións e investigacións actuais relacionadas co Universo, o seu principio, os seus constituíntes, a materia escura ou os raios cósmicos que nos chegan continuamente desde o espazo exterior. Son temas de actualidade que pretenden achegar a física e promover as vocacións científicas entre xovenes desde os 13 anos ata os 18 anos.

Este maratón está organizado polos seguintes profesores e profesoras: Enrique Cao Rodríguez, Jorge Castro Mon, Xosé Dobarro, Jesús Fidalgo, Víctor Gómez González, Belén López, Jose Luís Martín Iglesias y Rosa Quintela Sende dos institutos: IES Antonio Fraguas, IES Arcebispo Xelmírez I, IES Arcebispo Xelmírez II e IES Rosalía de Castro e Mª Dolores Rodríguez Frías da Universidade de Alcalá, e contará cos seguintes relatores:

  • Gonzalo  Parente. Universidade de Santiago de Compostela
  • Luís do  Peral. Universidade de Alcalá
  • Ramón Iglesias. Observatorio  Javalambre, Teruel
  • Xosefina  Ling. Universidade de Santiago de Compostela
  • Verónica Villa. Universidade de Santiago de Compostela
  • Victor Tilve Rúa. Profesor de FP
  • Mª Dolores Rodríguez Frías. Universidade de Alcalá

Cartel da actividade

Aliméntate Ben.Actividades Matemáticas curso 2020-21

Actividades Matemáticas

Distribuir contido


by Dr. Radut