Skip to Content

Novas

Exames de pendentes para alumnado de 2º de Bacharelato

Adxúntase calendario de materias pendentes para alumnado de 2º de bacharelato.

ADMISIÓN DE ALUMNADO 2024-2025

Do 1 de marzo, e ata o 20 do mesmo mes, estará aberto o prazo para solicitar praza en educación secundaria obrigatoria ou bacharelato en centros sostidos con fondos públicos (centros públicos e concertados).

Deberán facer esta solicitude as familias que desexen un cambio de centro para continuar estudos da mesma etapa, e as familias que desexan un centro non adscrito no caso de cambio de etapa (de primaria a secundaria, ou de ESO a Bacharelato) As familias con alumnado escolarizado no noso centro que desexen continuar estudos nel non deben facer nada.

A solicitude de praza realízase ben presencialmente no centro solicitado, ben a través da aplicación admisión alumnado:

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

O criterio de centro para a baremación das solicitudes é: procedencia dun centro de ensino público.

 

Adxúntase listaxe das prazas vacantes para o curso 2024-2025. Esa listaxe tamén está publicada no taboleiro do centro. 

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado

matriculado no curso 2023-2024 en 1º e 2º de bacharelato. Adxuntamos nesta mensaxe o enlace ao texto íntegro e ao

extrato da orde.

Reserva de praza para bacharelato no curso 2024-2025.

De cara ao vindeiro curso 2024-2025, pregámoslles que cubran o seguinte formulario de reserva de praza de bacharelato neste centro e o entreguen en conserxería antes do vindeiro 31 de xaneiro. 

 

Horario de titorías curso 23-24

Curso de formación en Chipre

A pasada semana, do 25 ao 29 de setembro, dúas profesoras e un profesor do centro asistiron en Nicosia a un curso de formación dentro do proxecto Erasmus+ BYOD-learning, que ten como obxectivo a creación dunha plataforma de vídeos didácticos de matemáticas. O proxecto está xa no seu segundo ano e este curso pretende formar ao profesorado na creación de vídeos e no uso da plataforma de cara a aproveitar as súas funcionalidades. Dúas profesoras participaron como asistentes e un profesor como relator dun dos módulos do curso.

Lárnaka

Curso

Foi un pracer volver ver aos socios do proxecto, intercambiar opinións e experiencias e coñecer as realidades educativas dos países participantes no consorcio. Chipre é un país moi interesante, moi distinto de Galicia, polo que a visita tamén foi moi produtiva desde o punto de vista cultural.

Plans de recuperación de pendentes Física e Química 2023-24

No arquivo adxunto pódese consultar a información relativa ás materias pendentes do departamento de física e química para os cursos 2º ESO, 3º ESO e 1º Bach. Inclúen os criterios de cualificación, as tarefas que se deben entregar e os prazos para facelo, así como as datas aproximadas das probas escritas de avaliación.

Tamén se pode consultar a información no seguinte enlace: https://1drv.ms/b/s!AhQmFdg3YAc8hO4rAV0pPrejotDnBw?e=eITz7L.

Libros de texto 2023-24

Xúntase relación de libros de texto para o vindeiro curso 2023/24.

Convocatorias abertas

  • Convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2023/24 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios (Bacharelato,FP e Universidade). Prazo de solicitudes para o curso 2023/24: do 27 de marzo ao 17 de maio de 2023. Enlace
  • Convocatoria de bolsas "Jóvenes Talentos" Viaqua. Prazo: Antes da realización de ABAU. Enlace
  •  Convocatoria de bolsas para alumnado con NEAE para o curso 2023/24. Prazo de presentación de solicitudes: do 8 de maio ao 20 de setembro de 2023. Enlace
  • NOVO  Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar. Prazo de presentación de solicitudes: do 20 de maio ao 21 de xuño de 2023. Enlace
  • NOVO  Premios Extraordinarios de ESO ao rendemento académico. Prazo de solicitudes: 31 de maio a 30 de xuño. Enlace

Visita dunha profesora de Hungría

Na traxectoria internacional que estamos seguindo no IES Arcebispo Xelmírez II, tivemos con nós na semana do 8 de maio a Judit Tábori, unha profesora húngara do Xantus János Ket Tanítási Nyelvu Gimnázium de Budapest, realizando unha estancia de aprendizaxe por observación. Judit mostrou un interese especial na lingua galega e a forma na que se enfocaba o ensino da mesma dentro do centro. Foi un pracer contar con ela e intercambiar ideas sobre os sistemas educativos galego e húngaro, buscando sinerxias e transferencias entre ambos.

Calendario de exames finais 2º de Bacharelato

Xuntamos calendario de exames finais para o alumnado de 2º de Bacharelato, a realizar desde o 9 ao 15 de maio.

Visita de dúas profesoras de Eslovaquia

A semana do 13 ao 17 de marzo recibimos no centro a visita de dúas profesoras de Eslovaquia, da Základná škola s materskou školou, en Hriňová, dentro do programa Erasmus+. Estiveron coñecendo o IES Arcebispo Xelmírez II, así como Santiago de Compostela e Galicia. Foron xornadas de intercambio de experiencias, con asistencia a clases e reunións co equipo directivo e o profesorado do centro.

Visita a Philippsburg (Alemaña) dentro do programa Erasmus+

A semana do 16 ao 20 de xaneiro o profesor de tecnoloxía e xefe de estudos Moisés Iglesias viaxou a Philippsburg (Alemaña) dentro da acreditación Erasmus+ para visitar o Copernicus Gymnasium. Philippsburg é unha pequena vila no distrito de Karlsruhe (Baden-Württemberg), no sur de Alemaña. Os obxectivos da visita foron coñecer o sistema educativo alemán, en particular do estado de Baden-Württemberg, e o funcionamento dun centro educativo deste país, así como os intereses educativos da zona. Así mesmo, deu a coñecer Galicia e Santiago de Compostela ao alumnado de español, de feito tres alumnas deste centro visitarán Santiago en datas próximas. O instituto de secundaria Copernicus ten algo máis de oitocentos alumnos e alumnas e aproximadamente oitenta docentes. O intercambio de experiencias foi moi produtivo e, aínda que os sistemas educativos son moi diferentes, o impacto que esta visita terá no noso centro de seguro será significativo.

 

Libros de texto 2022/23

Xúntase relación de libros de texto para o vindeiro curso 2022/23.

Calendario de fin de curso 2021/22

Achegamos no ficheiro adxunto o calendario de fin de curso 2021-22, onde se concretan as datas de avaliacións, reclamacións e as datas preferentes de matrícula para os distintos niveis.

Distribuir contido


by Dr. Radut