Skip to Content

Música

BIBLIOTECA Arcebispo Xelmírez II Curso 2021-22

Este curso debido á situación que estamos a vivir non podemos disfrutar da biblioteca de forma física, pero a Biblioteca Arcebispo Xelmírez II segue funcionando!

Ao longo do curso realizaremos diferentes actividades e, xa temos o SERVIZO DE PRÉSTAMO  activo. Só tes que facernos chegar a túa solicitude e nós farémoscha chegar.

PASOS A SEGUIR PARA UNHA SOLICITUDE:

1.- Consulta o catálogo da biblioteca no Proxecto Meiga, aqui tes o enlace:

http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=CED091

Se non aparece o libro que necesitas, fai igual a túa solicitude, pode que aínda non apareza no catálogo ou , se non o temos, podemos conseguilo.

2.- Logo, fas a túa petición mediante un correo electrónico indicando

- o libro (título e autor), dvd ou revista solicitado,

- o teu nome,

- curso e grupo ao que pertences

 á dirección: bibliotecaxelmirez2@gmail.com

Tamén podes cubrir unha ficha que atoparás no buzón de peticións que está no primeiro andar do centro a carón da biblioteca e introducila neste.

3.-Nos primeiross recreos das mañás dos luns e venres, a encargada da Biblioteca fará a entrega do teu libro

PASOS A SEGUIR PARA A DEVOLUCIÓN:

Introduce o teu libro, DVD, …  no buzón de devolucións que atoparás no primeiro andar a carón da biblioteca.

PASOS A SEGUIR PARA A RENOVACIÓN:

Se queres renovar o teu préstamo, debes introducir o libro, DVD, revista,... no buzón de devolucións cun post-it indicando o teu nome e indicando que desexas a súa renovación. Ésta será concedida sempre que non haxa lista de espera .

 HORA DE LER

Coa intención de fomentar a lectura entre o noso alumnado, cada semana nos cursos da ESO adicamos unha hora lectiva á lectura. Comezamos este martes 20 de outubro.

Non esquezas traer o teu libro!!!

Aquí vos deixamos o calendario da hora de ler

 

 

Instalacións, servizos e recursos da biblioteca do centro

 A biblioteca do IES Arcebispo Xelmírez II está situada no primeiro andar do edificio principal. É un espazo amplo e multidisciplinar con varios ambientes diferenciados no que se poden desenvolver actividades diversas ademáis de gozar de tempos de lecer.

 Instalacións

Entrando, á dereita atopamos o mostrador para información e servizo de préstamo, con posto de traballo para o responsable de garda en cada momento dotado coa equipación dixital correspondente. 

Desde a entrada, á esquerda atopamos a zona de mesas e sillas para desenvolvemento de sesións, actividades complementarias e para ratos de estudo ou consulta de libros por parte do alumnado. Toda a zona está rodeada por un gran número de estanterías nas que os libros a disposición dos usuarios da bibliteca están organizados por temáticas e co correspondente código para o seu rexistro e préstamo.

Na parede que está fronte a entrada, a bibliteca dispón de amplos ventanales que proporcionan durante todo o día abundante luz natural, que se  pode regular grazas aos estores. Xunto a esa parede atopamos en primeiro lugar os postos informáticos. A biblioteca conta con varios ordenadores con conexión a internet e  nos que o alumnado pode completar as súas consultas e editar traballos con axuda dos programas de libre office que precise.

O mobiliario complétase cunha zona central de estanterías baixas, que non dificulta a circulación da luz, pero que serve de separador entre a zona dixital e de libro impreso e que tamén é moi util para destacar novidades ou libros acordes a conmemoracións concretas do curso escolar e incluso para a realización de exposicións de traballos do alumnado.

En xeral conta cun mobiliario versátil e fácil de mover que se pode adaptar en función das actividades previstas e das necesidades de cada momento. Contamos ademais cunha zona de mesa e asientos mais informal para consulta de revistas en tempos de lecer e outra zona de lectura no vestíbulo do centro, que se pode ver na imaxe baixo estas liñas e que xa se converteu nun dos espacios favoritos do alumnado nos recreos.

 

Servizos

A nosa biblioteca está integrada no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia (PLAMBE) e como tal nos últimos anos converteuse en centro neurálxico de moitas das actividades  que se desenvolven no centro. Incluindo tanto actividades ordinarias, cotiás no día a día, como outras especiais e complementarias organizadas en relación con conmemoracións ou situacións máis específicas. Destacamos:

  • Hora de ler: cada semana en todos os cursos da ESO adícase unha hora lectiva á lectura, o alumnado conta cun caderno no que vai recollendo a súa experiencia cos libros que vai lendo nesa hora e que serve ao profesorado como ferramenta de retroalimentación con respecto á experiencia.  
  • Espazo de ocio, lectura e estudo no tempo libre: a biblioteca permanece aberta durante todos os recreos cun profesor de garda que se encarga da súa xestión durante ese tempo. (Durante este curso 2020-2021 non é posible)
  • Buscas de información integradas nas actividades lectivas: algunhas das sesións de todas as materias desenvólvense na biblioteca na que o alumnado ten acceso a moita información en distintos formatos ideal para a realizaciónd de actividades guíadas de investigación.

  

Mantédevos sempre informados de todas as novidades e actividades relacionadas coa nosa bibliteca seguindo o seu blog, "Mar ao Norde", ao que podedes acceder premendo na imaxe baixo estas liñas.

Programación de música 2022-2023

PROGRAMACIÓN DE MÚSICA 2022-2023

Recreos musicais

Do 16 ao 19 de decembro, organizados pola xefa do departamento de Música, Carmela Cobo, celebráronse os recreos musicais, resultaron un éxito e estiveron moi entretidos con actuacións de: grupo de música tradicional, trío de violins de alumnas, dúo de guitarra e piano, dúo de piano e violín ,dúo de guitarras electricas, grupo numeroso de frautas e instrumentos de percusión e instrumentos de placas.

Entre as distintas formacións desplegaron un repertorio moi variado e actual. Felicitacións para todos eles.

Recreos musicais

Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos

Día mundial da música e da danza

Os departamentos de música e de educación fisica organizaron o dia 21 de xuño, día mundial da música e da danza, unha serie de actuacións nas que non podía faltar a actuación da orquesta escolar integrada por estudantes de 1º de bacharelato que nesta ocasión interpretaron un tema de A. Ketelbey “O mercado persa“. Alumnado de distintos cursos participou nun espectáculo de Acrosport, deporte acrobático-coreografico e un flashmob.

Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos

A música, as matemáticas e os malabares

O día 30 de abril o departamento de música co apoio do departamento de educación fisica acompañaron os alumnos de 2º da ESO ( 60 ) a un concerto didáctico no auditorio de Galicia, titulado“ Las matemáticas de los malabares “. Foi interpretado pola banda de música de Santiago que acompañaba en todo momento as piruetas dos  malabarístas. O obxectivo  principal era que os alumnos descubríran o modelo matemático ( Siteswap ) que explica os patróns que realizan os obxetos no aire nesta ocasión obedecendo o ritmo musical das obras interpretadas.

Pangea. Concerto didáctico no Auditorio de Galicia

Saida o concerto didactico PANGEA o dia 21 e 22 de febreiro de 2019, no auditorio de Galicia con alumnado de 1º e 2º de bacharelato, coa profesora de música Carmela Cobo. Neste concerto tivemos a sorte de coñecer "In situ", a organización e os distintos instrumentos que compoñen unha da mais grande agrupación instrumental, coa orquesta Filharmonia de Galicia, asi como a actuación de Abrahan Cupeiro multiinstrumentista de instrumentos perdidos no tempo, que utiliza para sacar novas sonoridades. O nome de Pangea refírese o único continente que había hai 200 millóns de anos. A interpretación transcurre  con sons dende Oceanía, montañas chinas, norteamerica, Africa, paises con un variado, curioso e singular trato de pezas e instrumentos que deixaron de soar no tempo.

Pangea

Concerto didáctico. Electronic kontainer

O martes 22 de xaneiro o alumnado de 3.º de ESO asistiu a un concerto de Electronik kontainer, que interpretan música electroacústica con medios audiovisuais. É un proxecto que xurde da necesidade de divulgar a cultura musical a través dunha das disciplinas máis atractivas e fascinantes como é o mundo da percusión.

Festival e concurso de postais de Nadal de 2018

O día 21 de decembro de 2018 celebrouse o festival de nadal na aula de usos múltiples do instituto. 

Carmela Cobo, do departamento de música, dirixiu o festival e o concurso de postais conseguindo unha gran participación do alumnado e do profesorado que, con gran esforzo dende outubro, durante os recreos, asistiron para ensaiar.

Colaboraron: Antonio Ferreira (departamento de tecnoloxía) como técnico de son e confeción da estructura da árbore de Nadal co fin de adornar a sala de usos múltiples. Sara Fernández (do departamento de francés), que se ocupou das gravacións das diferentes actuación musicais. Ana Manteiga (departamento de inglés), quen participou en baile galego, así como os profesores do departamento de física, Marcos e José Luis, que actuaron en coro, baile e instrumentos. Tamén o apoio incondicional do equipo directivo e do alumno Sergio Rouco Quintáns de 2º BACH que axudou en temas informáticos.

1.º ESO

Bulebule

Os Bulebule son un grupo música formado por rapaces de 1ºBach do IES Arcebispo Xelmírez II (Santiago de Compostela) Este ano 2014 preséntanse ao Cantalingua coa súa primeira canción orixinal, composta e interpretada por eles: "Os sons que nos unen" Podes escoitala e votar por ela no seguinte ENLACE

Tamén podedes escoitar esta canción na nosa Galería multimedia

Festival de Nadal 2013

O pasado venres 20 de Decembro tivemos a sorte de desfrutar co Festival de Nadal organizado polo alumnado e profesorado do IES Arcebispo Xelmírez II.

Tedes máis información e fotos no seguinte enlace ou na Galería multimedia do noso centro

Distribuir contido


by Dr. Radut