Skip to Content

Bioloxía e Xeoloxía

Participación no programa PIALE

O profesor Santiago Montero Vilar participou xunto con outros docentes no programa PIALE. O obxectivo do proxecto é a observación das metodoloxías pedagóxicas do sistema educativo canadense.

PIALE

PROGRAMACION DIDACTICA LOMLOE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 2022-23

PROGRAMACION DIDACTICA LOMCE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 2022-23

Voz natura curso 21/22

Visita: Saída a Sotavento

O pasado 16 de novembro, o alumnado de 4ºESO de Ciencias Aplicadas, Cultura Científica e Tecnoloxía visitou o Parque Eólico Experimental de Sotavento, en Xermade (Lugo).

Logo de recibir unha explicación xeral da historia e sentido do Parque, o alumnado dividiuse en dous grupos para percorrer as instalacións acompañados polo persoal, que foi explicando polo miúdo todo canto alí se viu.

Entre outras cousas, o alumnado puido ver os elementos que se aloxan na góndola dun aeroxerador e incluso asomarse ao interior do fuste dun aeroxerador en funcionamento.

Un dos momentos máis interesantes da visita foi a entrada na vivenda bioclimática demostrativa, na que observar diversas técnicas de aforro enerxético, dende o propio deseño pasivo da vivenda (orientación, muros trombe, reaproveitamento de pluviais, etc.), ata a incorporación de instalacións enerxéticas eficientes (caldeira de biomasa, bomba de calor, etc.).

Sen dúbida, unha saída ben aproveitada. Grazas ao persoal de Sotavento.

Sotavento

Sotavento

Sotavento

IX Maratón de Astropartículas

O IX Maratón de Astropartículas celebrarase en Santiago de Compostela entre os días 13 e 15 de outubro de 2021. O proxecto, financiado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía ( FECYT), pretende divulgar todas as cuestións e investigacións actuais relacionadas co Universo, o seu principio, os seus constituíntes, a materia escura ou os raios cósmicos que nos chegan continuamente desde o espazo exterior. Son temas de actualidade que pretenden achegar a física e promover as vocacións científicas entre xovenes desde os 13 anos ata os 18 anos.

Este maratón está organizado polos seguintes profesores e profesoras: Enrique Cao Rodríguez, Jorge Castro Mon, Xosé Dobarro, Jesús Fidalgo, Víctor Gómez González, Belén López, Jose Luís Martín Iglesias y Rosa Quintela Sende dos institutos: IES Antonio Fraguas, IES Arcebispo Xelmírez I, IES Arcebispo Xelmírez II e IES Rosalía de Castro e Mª Dolores Rodríguez Frías da Universidade de Alcalá, e contará cos seguintes relatores:

  • Gonzalo  Parente. Universidade de Santiago de Compostela
  • Luís do  Peral. Universidade de Alcalá
  • Ramón Iglesias. Observatorio  Javalambre, Teruel
  • Xosefina  Ling. Universidade de Santiago de Compostela
  • Verónica Villa. Universidade de Santiago de Compostela
  • Victor Tilve Rúa. Profesor de FP
  • Mª Dolores Rodríguez Frías. Universidade de Alcalá

Cartel da actividade

Aliméntate Ben.Actividades Matemáticas curso 2020-21

Actividades Matemáticas

Alumnos do Xelmírez II implícanse no estudo e limpeza do río que pasa xunto ao instituto.

Voz natura

Raquel Vázquez

A iniciativa forma parte do programa Voz Natura, ao que se uniu o centro santiagués este curso

22  may 2021 . Actualizado ás 05:00  h.

Hai anos, o IES Xelmírez II sacaba partido da contorna natural que hai xunto ao centro. Este tipo de actividades desapareceran, pero este curso o centro santiagués recuperounas no marco de Voz Natura, programa ambiental escolar ao que incorporou este ano o instituto. Agora os alumnos de primeiro de ESO e segundo de bacharelato volveron a  reconectar coa natureza que os rodea, implicados no estudo e limpeza do río Corgo (que pasa xunto ás súas instalacións).

Situación ambiental do río Corgo

Os alumnos de 1º ESO B realizaron unha saída o día 24 de marzo para determinar a situación ambiental do río Corgo.

Os alumnos foron acompañados polas súas profesoras da materia de Bioloxía e Matemáticas. Paco Bañobre da asociación ADEGA foi o encargado de realizar as explicacións sobre a flora e a fauna e sobre os resultados obtidos nas medicións de parámetros físico-químicos do río. Agradecemos a súa participación nesta actividade.

Río Corgo

Máis fotos

Distribuir contido


by Dr. Radut