Skip to Content

Tecnoloxía

Programación didáctica do curso 2022-2023.

Transnational meeting en Plovdiv

O pasado 10 de setembro dous profesores do centro, José Luis Martín Iglesias e Moisés Iglesias González, viaxaron a Bulgaria para asistir ao segundo Transnational meeting do proxecto BYOD. A reunión tivo lugar en Plovdiv, a segunda cidade máis importante de Bulgaria, próxima a Sofia, e tratáronse aspectos relacionados coa evolución do proxecto e co desenvolvemento dos obxectivos do mesmo. Foi unha experiencia moi fructífera e moi interesante, tanto pola ubicación da xuntanza, Plovdiv é unha cidade do tamaño de Santiago e cun grande patrimonio histórico, coma por volver ver aos participantes de novo.

TPM Plovdiv

Transnational meeting en Cracovia

O pasado 28 de febreiro e 1 de marzo dous profesores do centro, Pilar Tobar Quintanar e Moisés Iglesias González, viaxaron a Polonia para asistir ao segundo Transnational meeting do proxecto BYOD. A reunión tivo lugar en Cracovia, e foi a primeira reunión presencial entre os membros do proxecto. Tratáronse aspectos organizativos e de xestión do mesmo, así como relacionados co desenvolvemento dos obxectivos do mesmo. Foi unha experiencia moi fructífera e moi interesante, tanto pola ubicación da xuntanza, Cracovia, coma por desvirtualizar aos compoñentes do grupo.

TPM Krakov

Visita: Saída a Sotavento

O pasado 16 de novembro, o alumnado de 4ºESO de Ciencias Aplicadas, Cultura Científica e Tecnoloxía visitou o Parque Eólico Experimental de Sotavento, en Xermade (Lugo).

Logo de recibir unha explicación xeral da historia e sentido do Parque, o alumnado dividiuse en dous grupos para percorrer as instalacións acompañados polo persoal, que foi explicando polo miúdo todo canto alí se viu.

Entre outras cousas, o alumnado puido ver os elementos que se aloxan na góndola dun aeroxerador e incluso asomarse ao interior do fuste dun aeroxerador en funcionamento.

Un dos momentos máis interesantes da visita foi a entrada na vivenda bioclimática demostrativa, na que observar diversas técnicas de aforro enerxético, dende o propio deseño pasivo da vivenda (orientación, muros trombe, reaproveitamento de pluviais, etc.), ata a incorporación de instalacións enerxéticas eficientes (caldeira de biomasa, bomba de calor, etc.).

Sen dúbida, unha saída ben aproveitada. Grazas ao persoal de Sotavento.

Sotavento

Sotavento

Sotavento

Programación didáctica curso 21-22

Visita ao Parque Eólico Experimental Sotavento- Enerxías alternativas

O alumnado de 3.º de ESO visitou o día 30 de abril, acompañados polos profesores José Antonio Ferreira e Luis Sáez, o Parque Eólico Experimental Sotavento. Durante a visita realizaron distintas actividades:

  • Aula divulgativa (Enerxías renovables e non renovables)
  • Sala de eficiencia enerxética / Zona solar
  • Visita Vivenda Bioclimática Demostrativa
  • Visita aos aeroxeradores

Para rematar a visita o persoal do parque agasallounos cun chocolate feito nunha cociña solar.

Sotavento

Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos

Visita á fábrica de FINSA do alumnado de Tecnoloxía Industrial I

O pasado 27 de Marzo o alumnado de Tecnoloxía Industrial I visitou ás instalacións de FINSA en Santiago para coñecer os procesos industriais desenvolvidos na planta.

Fonte de alimentación

Distribuir contido


by Dr. Radut