Skip to Content

2020/21

Situación ambiental do río Corgo

Os alumnos de 1º ESO B realizaron unha saída o día 24 de marzo para determinar a situación ambiental do río Corgo.

Os alumnos foron acompañados polas súas profesoras da materia de Bioloxía e Matemáticas. Paco Bañobre da asociación ADEGA foi o encargado de realizar as explicacións sobre a flora e a fauna e sobre os resultados obtidos nas medicións de parámetros físico-químicos do río. Agradecemos a súa participación nesta actividade.

Río Corgo

Máis fotos

DELF escolar 2020

Parabéns !!! Todo o alumnado inscrito na convocatoria do ano 2020 aprobou a proba do DELF nivel B1. Noraboa por telo conseguido nunhas circunstancias tan especias.

DELF 2020

 

Concurso de fotografía: "Matemáticas en un clic"

Matemáticas nun clic

"Matemáticas en un clic" é un concurso estatal de fotografía matemática dirixido a estudantes da Ensinanza Secundaria Obrigatoria de todo o Estado español. Está organizado pola rede de divulgación Dima en colaboración con distintas asociacións de matemáticas e empresas, co apoio e colaboración de gran parte da comunidade matemática española. Para facilitar a participación do alumnado do noso centro, o departamento de Matemáticas organiza unha fase de centro.

Bases do concurso

Sesión de comunicación científica no STEMBach

A sesión tivo lugar o 3 de decembro e versou sobre os motivos polos que é necesario difundir o traballo científico e os seus resultados, mesmo cando non son positivos, así como sobre a estrutura e elaboración dun artigo científico.

Tanto o alumnado de 1º curso como o de 2º curso do STEMBach estivo moi pendente da presentación da profesora Mayte Carrillo de la Peña, que compartiu con eles a súa visión sobre este importante aspecto (sobre o que ten impartido formación a profesorado universitario).

O campo principal da profesora Carrillo é a psicoloxía clínica, e en particular é unha investigadora de referencia en fibromialxia. Ten máis de 50 publicacións, múltiples comunicacións en congresos e leva dirixidas seis teses de doutoramento na súa xa longa traxectoria, desenvolvida por completo na USC.

Actividades do maratón de astropartículas

Os días 14 e 16 de outubro desenvolveuse no IES Arcebispo Xelmírez II a Maratón de Astropartículas (https://cienciaxelmirezii.wordpress.com/2020/10/25/maraton-de-astroparticulas/), un ciclo de charlas e actividades para o alumnado de 4º ESO (todo o alumnado) e 1º e 2º de bacharelato (de física e química e física, respectivamente) no marco da realización en Galicia desta actividade, grazas ao empeño da nosa compañeira Raquel Veira, do CPI O Cruce de Cerceda, e ao tesón da coordinadora da actividade, Mª Dolores R. Frías, que lidera este proxecto de divulgación financiado pola FECyT. Participou tamén alumnado do IES Rosalía de Castro (Santiago), co cal as actividades desenvolvérense en tres centros diferentes.

O maratón de astropartículas chega a Santiago de Compostela (e bisbarra...)

Entre o mércores 14 e o venres 16 de outubro de 2020 terá lugar o Maratón de Astropartículas en Santiago de Compostela.

Coordinado por Mª Dolores Rodríguez Frías, catedrática de Física na Universidade de Alcalá de Henares, é o resultado dun proxecto do FECyT.

Nesta ocasión, visitarán o IES Arcebispo Xelmírez II (mércores e venres pola mañá), así como o CPI O Cruce de Cerceda e o IES Rosalía de Castro. No noso centro haberá charlas e talleres para o alumnado de 4º ESO, e 1º e 2º de bacharelato (bacharelato científico e alumnado de Física).

Entre os poñentes das numerosas actividades, atópanse Luis del Peral (UAH), Gonzalo Parente (USC), Víctor Tilve e Ramón I. Marzoa (Observatorio de Javalambre), Mario Gómez (Univ. de Huelva) e Josefina Ling (USC).

https://spas.uah.es/

Presentouse o STEMBach 2020-21

Este mércores 8 de outubro realizamos a presentación do programa STEMBach. A pesar das dificultades desta situación, temos unha enorme ilusión por seguir desenvolvendo todas aquelas actividades e iniciativas que sexa posible. Iremos informando, e tamén... podes achegar suxestións ou ideas. Por que non?

Para comezar, debatemos sobre a planificación do curso e sobre os avances que se levan realizado nos traballos de investigación que lerán os compañeiros de 2º curso ¡Teñen moi boa pinta!

Tamén visualizamos o vídeo de promoción deste programa (https://youtu.be/UqnZ8aLf-b4) que preparamos para este inicio de curso. ¡Bótalle unha ollada e dános a túa opinión!

Distribuir contido


by Dr. Radut