Skip to Content

Alumnos do Xelmírez II implícanse no estudo e limpeza do río que pasa xunto ao instituto.

Voz natura

Raquel Vázquez

A iniciativa forma parte do programa Voz Natura, ao que se uniu o centro santiagués este curso

22  may 2021 . Actualizado ás 05:00  h.

Hai anos, o IES Xelmírez II sacaba partido da contorna natural que hai xunto ao centro. Este tipo de actividades desapareceran, pero este curso o centro santiagués recuperounas no marco de Voz Natura, programa ambiental escolar ao que incorporou este ano o instituto. Agora os alumnos de primeiro de ESO e segundo de bacharelato volveron a  reconectar coa natureza que os rodea, implicados no estudo e limpeza do río Corgo (que pasa xunto ás súas instalacións).

Explica a coordinadora de Voz Natura no Xelmírez II, Rosa Quintela, que o leito «estaba  moi alterado  pola  presenza de lixo e maleza, que crecía  sen control». Os propios estudantes foron quen, en outubro, propuxeron as medidas e ideas que podían levar a cabo para mellorar a situación ambiental. Ese mesmo mes organizáronse os grupos de traballo e a repartición de tarefas. E, entre novembro e decembro, involucráronse no estudo das especies de flora e fauna que hai na contorna fluvial, a través de fichas nas que reflectiron as distintas árbores, vertebrados e  invertebrados que atopaban na zona. Nelas aparecen desde anfibios como a píntega ata o tritón xaspeado e larvas, «polo que  concluíron que a  auga ten boa  calidade e  non  hai contaminación química, a pesar de que nas marxes había moitos desperdicios. Isto pode deberse a que o nacemento do Corgo está moi preto do noso centro, en Salgueiriños», apunta a docente e coordinadora.

Pódense ver máis fotos na listaxe

AdxuntoTamaño
voz_natura_02.jpg199.99 KB
voz_natura_03.jpg194.25 KB
voz_natura_04.jpg168.56 KB
voz_natura_05.jpg205.16 KB
voz_natura_06.jpg191.65 KB
voz_natura_07.jpg177.2 KB
voz_natura_08.jpg193.86 KB
voz_natura_09.jpg133.67 KB
voz_natura_10.jpg185.84 KB
voz_natura_11.jpg201.83 KB
voz_natura_12.jpg167.72 KB


page_ppp | by Dr. Radut