Skip to Content

Educación Plástica e Visual

Plan de recuperación 2023-24 para o alumnado con materias pendentes do departamento de Ed.Plástica

No arquivo adxunto pódese consultar a información.

Aliméntate ben. Educación Plástica e Visual

Despois dos coñecementos adquiridos en outras áreas como Bioloxía, os alumnos de 1º da ESO fixeron representacións do plato de Harvard con diferentes técnicas. Moitos dos traballos os finalizaron os alumnos no seu fogar e despois os enviaron á profesora. Non se puido facer a exposición dos mesmos no Centro educativo. 

Joseba Muruzábal e as avoas heroínas

Hoxe estivo co alumnado de Educación Plástica no noso centro o artista plástico Joseba Muruzábal. Sen dúbida, é un dos artistas máis importantes do momento ao encher as nosas vilas e cidades coas nosas avoas ás que dota de superpodes. Hoxe soubemos de como se xesta toda ese traballo.

Joseba

Alumnado de 1º de ESO participa na English Week

Esta semana, do 27 de otubro ao 2 de novembro, 25 alumnos e alumnas de 1° de ESO do IES Arcebispo Xelmírez II están participando na actividade de inmersión lingüística English Week, que convoca a Consellería de Educación. Desenvólvese en Os Peares, no Centro de Inmersión Lingüística ubicado no antigo poboado dos traballadores do encoro dos Peares, con profesorado nativo. Ao longo das xornadas realízanse diferentes obradoiros centrados no medio ambiente, e actividades lúdicas tamén en inglés. O IES Xelmírez II é o único centro do concello de Santiago seleccionado na edición deste ano da English Week. O alumnado participante forma parte da sección bilingüe en inglés na materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual que se implantou este curso escolar con máis de 40 estudantes.

English Week

Distribuir contido


by Dr. Radut