Skip to Content

NOSA

Axencia Espacial Escolar Galega

O proxecto

NOSA

NOSA, Axencia Espacial Escolar Galega, é un proxecto educativo do que forman parte seis centros públicos: IES Maruxa Mallo (Ordes), IES Miraflores (Oleiros),  IES Marco do Camballón (Vila de Cruces), IES Arcebispo Xelmírez II (Santiago de Compostela), CPI O Cruce (Cerceda) e IES Ferrol Vello. O proxecto, que leva funcionando dende o curso 2014/2015, ten como obxectivo principal levar ás aulas un modelo de traballo colaborativo a través do deseño e construción dunha cápsula estratosférica que, no terceiro trimestre de cada curso, realiza un voo suborbital.

IV Congreso NOSA

Organizado polo IES Arcebispo Xelmírez II, o día 10 de febreiro de 2020 celebrarase o IV Congreso NOSA no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela. Participarán alumnos dos centros que compoñen NOSA:  IES Maruxa Mallo (Ordes), IES Miraflores (Oleiros), IES Marco do Camballón (Vila de Cruces), IES Arzobispo Xelmirez II (Santiago de Compostela), CPI O Cruce (Cerceda) e IES Ferrol Vello.

Programa

Programa

Cartel

A NOSA corrobora a teoría de Einstein sobre a relatividade

A NOSA

SANTIAGO / A VOZ 21/06/2019 05:10 H

A NOSA volve ao espazo con susto ao perder o localizador tras o lanzamento

A NOSA

EMMA ARAÚJO

29/05/2019 05:00 H

Lanzamento da Cápsula Estratosférica MARUMASAT

O alumnado do club de ciencias e do StemBach asistiu, o día 28 de maio, ao lanzamento á estratosfera da cuarta sonda MarumaSat da Axencia Espacial Escolar Galega, NOSA

Marumasat

Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos

A NOSA afronta en Ordes outro lanzamento á estratosfera

A NOSA

MARÍA RODRÍGUEZ

SANTIAGO / A VOZ 29/05/2019 00:39 H

O IES Maruxa Mallo de Ordes, en colaboración cos centros educativos Miraflores (Oleiros), Marco Camballón (Vila de Cruces), Xelmírez II (Santiago), CPI Cruce (Cerceda) e IES Ferrol Vello, levou a cabo nas instalacións do instituto un novo lanzamento da sonda espacial MarumaSat, que nesta ocasión incluía un experimento para comprobar a teoría da relatividade coa denominada Misión Einstein. O globo tomou altura, tal e como se esperaba, pero segundo facíao perdeu unha peza, o localizador que axuda logo a recuperalo para extraer os datos solicitados no voo.

A NOSA quere verificar a Einstein

Marumasat

EMMA ARAÚJO SANTIAGO/ A VOZ 04/05/2019 00:37 H

A Axencia Espacial Escolar Galega ( NOSA) faise maior, xa que o proxecto que naceu fai tres anos para que estudantes do instituto Maruxa Mallo de Ordes puxesen en práctica parte dos seus coñecementos en materias como matemáticas, física, bioloxía, literatura e comunicación, renovou caras, retos e púxose límites máis ambiciosos. O último, se o tempo acompaña, verá a luz o vindeiro venres, día 10, a iso do mediodía, xa que será nese momento cando lancen á estratosfera a cuarta sonda do seu proxecto MarumaSat, no que tamén participan cinco centros máis: IES Arcebispo Xelmírez II (Santiago), IES Miraflores (Oleiros), IES Marco Camballón (Vila de Cruces), CPI Cruce (Cerceda) e o IES Ferrol Lanuxe.

III Congreso da Axencia Espacial Escolar Galega NOSA

O alumnado do club de ciencias e do StemBach asistiu o día 11 de febreiro ao III Congreso da Axencia Espacial Escolar Galega NOSA celebrado no IES Miraflores de Oleiros.

Congreso NOSA

A tradición indica que os centros participantes neste proxecto (ademais do citado, o CPI O Cruce de Cerceda, así como os IES Maruxa Mallo de Ordes, Marco do Camballón de Vila de Cruces, Ferrol Vello desa localidade e o noso Arcebispo Xelmírez II de Santiago) van organizando por turno o congreso de cada ano.

Esta edición estivo amadriñada pola escritora Marilar Aleixandre. O desenvolvemento do Congreso consistiu, como vén sendo habitual, na presentación dos resultados do lanzamento da sonda espacial e os experimentos instalados na mesma (nesta edición correspondían á misión Marumasat III) e a comunicación dos obxectivos científicos que se pretenden lograr na seguinte edición.

Distribuir contido


by Dr. Radut