Skip to Content

Convocatorias

Convocatorias da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional de interese para alumnado e familias

Convocatorias abertas

  • Convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2023/24 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios (Bacharelato,FP e Universidade). Prazo de solicitudes para o curso 2023/24: do 27 de marzo ao 17 de maio de 2023. Enlace
  • Convocatoria de bolsas "Jóvenes Talentos" Viaqua. Prazo: Antes da realización de ABAU. Enlace
  •  Convocatoria de bolsas para alumnado con NEAE para o curso 2023/24. Prazo de presentación de solicitudes: do 8 de maio ao 20 de setembro de 2023. Enlace
  • NOVO  Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar. Prazo de presentación de solicitudes: do 20 de maio ao 21 de xuño de 2023. Enlace
  • NOVO  Premios Extraordinarios de ESO ao rendemento académico. Prazo de solicitudes: 31 de maio a 30 de xuño. Enlace

Axudas para os alumnos con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2022-2023

Vén de publicarse no Boletín Oficial do Estado a convocatoria para solicitar axudas  para os alumnos con necesidade específica de apoio educativo para  curso académico 2022-2023. 

O prazo de solicitude é dende o día 19 de Maio ao 30 de Setembro de 2022.

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2022/23

As familias poderán solicitar dende hoxe día 19 de maio ata o próximo día 22 de xuño as axudas para a adquisición de libros de texto e de vales para material escolar, participar no Fondo Solidario de Libros de Texto.

Achégase a Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22.

Presentación de solicitudes: As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado ( ED330B-anexos I e II)  dispoñible na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.  Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
O formulario de solicitude tamén estará dispoñible nos centros educativos e na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Bolsas para estudos postobrigatorios para o curso 2022/23

Vén de publicarse no BOE a convocatoria de becas de carácter xeral para o curso 2022-2023, para estudantes que cursen estudos Postobrigatorios ( Bacharelato, FP, Universidade e outros). As solicitudes fanse a través da páxina do Ministerio de Educación. O prazo de solicitude abrangue do día 30 de marzo ao 12 de maio de 2022,ambos inclusive.

Texto da convocatoria

Para máis información:

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/bachillerato/becas-generales-no-universitarias.html

 A solicitude deberase cumplimentar mediante o formulario accesible por vía telemática a través da sede electrónica do Departamento na dirección https:// sede.educacion.gob.es   ou en  www.educacionyfp.gob.es 

Distribución de máscaras entre o alumnado

Distribución de máscaras entre o alumnado.  Publicada a Orde do 28 de Outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centro docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, así como en centro privadas concertados no curso 2021/22.

a) Non ten que presentar solicitude: O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022.

b) Ten que presentar solicitude: O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:

    • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6000€
    • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%

Prazo de presentación de solicitudes: do 15 ao 26 de novembro de 2021

Máis información : Orde do 28 de Outubro de 2021

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2022/23

As familias poderán solicitar den de hoxe día 19 de maio ata o próximo día 22 de xuño as axudas para a adquisición de libros de texto e de vales para material escolar, e participar no Fondo Solidario de Libros de Texto. Achégase a Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2022/23.

Presentación de solicitudes:

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

O formulario de solicitude tamén estará dispoñible nos centros educativos e na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Fondo solidario de libros de texto. Listaxe provisional

Con data de hoxe, 10 de xullo foron publicadas as listaxes provisionais de admitidos e excluídos no Fondo Solidario de Libros de Texto 2020/2021.

Estas listaxes poderán ser consultadas no taboleiro interior do centro ou por vía electrónica, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave365 ou certificado dixital.

As persoas interesadas poderán reclamar nos dous días seguíntes á publicación da listaxe provisional.

Probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional. Convocatoria 2020

Achegamos a Orde do 20 de xaneiro de 2020 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2020.

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 2 e 13 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 10 e 19 de febreiro de 2020, ambos os dous incluídos

Calendario

 

Becas Fundación Amancio Ortega

A Fundación Amancio Ortega convoca 600 bolsas dirixidas a alumnos de 4.º da ESO de centros educativos de España para estudar durante o curso académico 2020/2021 primeiro de Bacharelato en Canadá ou en Estados Unidos. 100 bolsas asignaranse aos participantes dos centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia e 500 bolsas aos participantes dos centros educativos das outras Comunidades Autónomas de España.
Prazo de inscrición: do 23 de setembro ao 30 de outubro de 2019.
Bases e inscricións nas páxinas webs www.becas.faortega.org ou en https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-B-2019-39779

Bolsas para Bacharelato

Vén de publicarse no BOE a convocatoria de becas de carácter xeral para alumnado de Bacharelato. As solicitudes fanse a través da páxina do Ministerio de Educación. O prazo de solicitude remata o 1 de outubro.

Texto da convocatoria

O enlace onde se poden solicitar é o seguinte:

http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/bachillerato.html

Fondo solidario de libros de texto. Prazos publicación listaxes.

Ao amparo do establecido no Artigo 19.2 da ORDE do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2018/19, segundo o que “Os prazos para realizar os actos de xestión indicados nas letras anteriores poderá fixalos o centro, en función das súas necesidades, e deberá publicalos no seu taboleiro de anuncios e/ou páxina web, de forma que quede garantido que os representantes legais do alumnado os coñecen con antemán”, o IES Arc

Convocadas axudas para a STEMweek: reunión informativa 3º e 4º ESO

Xúntase a Orde do 23 de maio de 2018 pola que se aproban as bases e se convocan axudas para a realización de actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2018, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

O xoves 14 de xuño ás 19:30 h terá lugar unha reunión informativa na aula de usos múltiples do centro á que convidamos ás familias do alumnado de 3º e 4º ESO.

Orde do 23 de maio de 2018 pola que se aproban as bases e se convocan axudas para a realización de actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2018, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para o curso escolar 2018/2019

As familias poderán solicitar a partir de mañá as axudas para a adquisición de libros de texto e de vales para material escolar, ou ben participar no Fondo Solidario de Libros de Texto.

Achégase a Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2018/19.

Convocados os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico do curso 2017/2018

Xúntase a Orde do 26 de abril de 2018 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2017/18. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 7 de xuño de 2018 e rematará o día 6 de xullo de 2018.

ORDE do 26 de abril de 2018 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2017/18.

Máis información | CCEOU

Premios extraordinarios de Bacharelato 2017-18

Publicada a ORDE do 27 de febreiro de 2018 pola que se convocan os premios extraordinarios
de bacharelato correspondentes ao curso 2017/18.

Poderán acceder aos premios aqueles alumnos e alumnas que rematen o bacharelato cunha media  igual ou superior a 8,75

Distribuir contido


by Dr. Radut