Premio Extraordinario de ESO ao Rendemento Académico
Obxectivo
-
A finalidade destes premios é a de recoñecer e valorar os méritos excepcionais baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou cun excelente resultado académico a educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia. Para dar cumprimento a tal fin créase a proba dos Premios Extraordinarios de ESO ao Rendemento Académico (proba PEE).
Destinatarios:
- Alumnado que rematase os seus estudos de Educación Secundaria Obrigatoria nun centro da Comunidade Autónoma de Galicia e obtivese unha determinada cualificación media.
Características:
-
O procedemento de solicitude para optar aos Premio Extraordinario de ESO ao Rendemento Académico terá dúas fases diferenciadas:
-
Na primeira fase, o alumnado deberá solicitar no seu centro educativo a matrícula na proba PEE.
-
Na segunda fase, unha vez publicadas as cualificacións definitivas da proba PEE, o alumnado deberá formalizar unha solicitude para optar á subvención do premio extraordinario de ESO ao rendemento académico.
-
- Os alumnos e alumnas que obtivesen un Premio extraordinario de ESO:
- Recibirán un premio en metálico.
- Anotarase esta distinción no seu expediente académico.
Convocatoria 2026:
-
A proba PEE terá lugar o 23 de xuño de 2026. Os lugares de realización da proba publicaranse no Portal Educativo e na páxina de PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/).
-
O prazo de presentación de solicitudes de matrícula para realizar a proba PEE será de 5 días hábiles, do 9 ao 15 de xuño de 2026, ambos inclusive.
-
A matrícula realizarase nos centros educativos empregando o Anexo I.
-
Instrucións para os centros educativos: Matrícula na proba PEE
-
Cualificacións provisionais da proba PEE (orde por etiqueta ALU)
-
Cualificacións provisionais da proba PEE (orde descendente por cualificación total)
-
Anexo III para reclamar as cualificacións provisionais. O prazo de reclamacións será do 14 de xullo ao 20 de xullo (5 días hábiles comezando ao día seguinte da publicación destas listaxes). As reclamacións realizaranse no centro educativo.
-
Cualificacións definitivas da proba PEE (orde por etiqueta ALU)
-
Cualificacións definitivas da proba PEE (orde descendente por cualificación total)
-
Listaxe provisional de solicitudes da subvención do premio admitidas por orde alfabética
-
Listaxe provisional de solicitudes da subvención do premio admitidas por orde de cualificación total
-
Listaxe provisional de solicitudes da subvención do premio excluídas