Skip to Content

Acceso a FP

Calendarios de admisión a ciclos de FP e cursos de especialización. Curso 2022/23

Nos documentos que se xuntan pódense consultar os prazos do proceso de admisión a ciclos formativos para o vindeiro curso 2022/23. Na páxina de formación profesional da Consellería de Cultura, Educación e Universidade tedes máis información sobre a oferta formativa e outros aspectos relacionados con este proceso.

Probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional. Convocatoria 2021

Achegamos a Orde do 21 de xaneiro de 2021 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2021.

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 15 e 26 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 18 de febreiro e 3 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos

Calendario

Admisión a ciclos formativos. Convocatoria 2020

Instrucións de admisión na FP en Galicia para o curso 2020/2021

Consulta aquí todas as normas e novidades sobre a admisión en FP en réxime ordinario e adultos, para o curso 2020/2021.

Probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional. Datas das probas. Convocatoria 2020

Achegamos a Resolución do 24 de maio de 2020  pola que se adoptan medidas para o desenvolvemento das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de Formación Profesional do sistema educativo.

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: As probas terán lugar o día 10 de xuño de 2020.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: As probas terán lugar o día 11 de xuño de 2020.

Calendario

Probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional. Convocatoria 2020

Achegamos a Orde do 20 de xaneiro de 2020 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2020.

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 2 e 13 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 10 e 19 de febreiro de 2020, ambos os dous incluídos

Calendario

 

Distribuir contido


by Dr. Radut