Skip to Content

A NOSA volve ao espazo con susto ao perder o localizador tras o lanzamento

A NOSA

EMMA ARAÚJO

29/05/2019 05:00 H

A Misión Einstein, promovida pola Axencia Espacial Escolar Galega, NOSA, xa está na estratosfera despois dunha manobra de lanzamento ensaiada hai días en IES Maruxa Mallo, o instituto ordense que puxo en marcha o proxecto, o que participan do IES Miraflores (Oleiros), o IES Marco do Camballón (Vila de Cruces), o IES Arcebispo Xelmírez II (Santiago de Compostela), o CPI O Cruce (Cerceda) e o IES Ferrol Vello.Esta sonda, denominada MarumaSat, é a cuarta que asuca os ceos e con ela pretenden demostrar empíricamente a teoría da relatividade. Haberá que esperar uns días para coñecer si todos os retos que encerraba a cápsula axustada ao globo arerostático chegaron a bo termo, xa que a manobra de lanzamento tivo un único pero, que parte da carga caeu. Entre ela atopábase o dispositivo de localización da sonda, mecanismo que os alumnos introduciron este ano para evitar sustos como a perda da pista de tanto traballo no 2018, aínda que ao final apareceu. Pese ao contratempo, o persoal da NOSA garda moitas esperanzas, xa que a sonda ten outros mecanismos que axudarán á súa recollida.

Ler a nova en La Voz de Galicia



page_ppp | by Dr. Radut