Skip to Content

Educación Física

Patinaxe en xeo

Os días 18 e 20 de decembro  o alumnado de 1.° e 2.° da ESO acudiu á pista de patinaxe en xeo de Área Central para  celebrar a entrada das vacacións. Moita diversión e algunha caída.

Patinaxe en xeo

Patinaxe en xeo

Patinaxe en xeo

Día mundial da música e da danza

Os departamentos de música e de educación fisica organizaron o dia 21 de xuño, día mundial da música e da danza, unha serie de actuacións nas que non podía faltar a actuación da orquesta escolar integrada por estudantes de 1º de bacharelato que nesta ocasión interpretaron un tema de A. Ketelbey “O mercado persa“. Alumnado de distintos cursos participou nun espectáculo de Acrosport, deporte acrobático-coreografico e un flashmob.

Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos

Just Dance. Móvete Baila Xoga

O departamento de educación física organizou no segundo recreo dos luns e dos mércores do terceiro trimestre sesións do popular xogo Just Dance, no que o alumnado bailou ao ritmo do coach da pantalla.

Acrosport

O alumnado de 1.º de ESO practicou Acrosport e propuxo unha coreografía con formación de figuras e pirámides corporais , habilidades ximnásticas e moito traballo de equipo.

 

Parkour

O alumnado de 1º, 2º e 4º da ESO estivo practicando Parkour nas clases de educación física.

Bautismo de escalada

O alumnado de 3º da ESO participou na actividade "Bautismo de Escalada" no Centro de escalada Indoorwall Santiago. Os alumnos coñeceron as diferentes zonas das que dispón o centro e disfrutaron de dúas horas de escalada con monitores especializados.

 

Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos

Coaching e liderazgo

O  día 2 de maio tivo lugar unha charla coa temática sobre Coaching e Liderazgo organizada a través da SD Compostela. Nesta charla o Coaching Iván Espiñeira achegou ao alumnado de 3º da ESO o concepto de liderazgo: liderarse a un mesmo, recoñercer os nosos talentos e habilidades innatas, convertilos nas nosas guías e disfrutar acadando aquelo que desexamos nas nosas vidas.

Aliméntate Ben. Materia Educación Física

Os alumnos de 3.º da ESO, dentro da Unidade Didáctica "Coñecemos prácticas saudables", coñeceron a  "Pirámide de actividade física saudable" de C.B.Corbin e R.Lindsay. O obxectivo principal era aportarlles un referente á hora de autoxestionar a práctica de actividade física no seu tempo libre e ao remata a etapa.

Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos

Torneo de bádminton

O venres 22 de marzo os alumnos de 1º, 2º e 4º da ESO tiveron un torneo de Bádminton onde saliron as parellas vencedoras de cada curso.

Resucitación cardiopulmonar

O departamento de Educación Física organizou sesións de RCP na aula  co alumnado da ESO e de 1º de Bacharelato. Nas sesións desenvolvidas os alumnos utilizaron kits de primeiros auxilios para simular situacións de emerxencia nas que era preciso realizar a RCP (Resucitación cardiopulmonar) e o uso do Desfibrilador semiautomático.

Pódense ver fotos na seguinte ligazón Fotos

Semana do patín

A semana do 21 ao 25 de xaneiro os cursos de 1.º, 2.º e 4.º de ESO tiveron a "Semana do patín", na cal conviviron entre rodas de diferentes artiluxios: monopatíns, patíns, patinetes, skate, waveboard, experimentando distintas habilidades de deslizamento.

Patinaxe sobre xeo

O alumnado de 1.º de ESO e 2.º de ESO disfrutou dunha mañá patinando sobre xeo na pista instalada no Centro Comercial Área Central na semana previa ás vacacións de Nadal.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut