

Raquel Vázquez
A iniciativa forma parte do programa Voz Natura, ao que se uniu o centro santiagués este curso
22 may 2021 . Actualizado ás 05:00 h.
Hai anos, o IES Xelmírez II sacaba partido da contorna natural que hai xunto ao centro. Este tipo de actividades desapareceran, pero este curso o centro santiagués recuperounas no marco de Voz Natura, programa ambiental escolar ao que incorporou este ano o instituto. Agora os alumnos de primeiro de ESO e segundo de bacharelato volveron a reconectar coa natureza que os rodea, implicados no estudo e limpeza do río Corgo (que pasa xunto ás súas instalacións).