Skip to Content

Programa Voz Natura curso 2020-21

O IES Arcebispo Xelmirez 2 participou este curso no programa Voz Natura na súa edición número 24, co tema sobre a protección e defensa dos espacios naturais do Camiño de Santiago.

Dende o noso Centro educativo traballamos no proxecto: O noso río a carón do Camiño.

O río Corgo que nace próximo ao noso Instituto, por onde discurre o Camiño Inglés, mostraba un cauce alterado pola presenza de lixo e maleza que medra ao seu arredor. Traballamos co noso alumnado na mellora deste entorno.



page | by Dr. Radut