Skip to Content

Matrícula ABAU e solicitude do título de bacharelato

MOI IMPORTANTE: Non realizar ningún trámite nin facer ningún pagamento antes de recibir as notas de 2º Bach

1. SOLICITUDE DO TÍTULO DE BACHARELATO

Se tes aprobado 2º Bacharelato, vaias ou non á ABAU, tes que solicitar o título de bacharelato. Debes pagar as taxas correspondentes e presentar no centro o xustificante de pago e o impreso de solicitude.

2. PREMATRÍCULA NAS PROBAS ABAU

  • Impreso de matrícula ABAU (Asinar tamén o apartado “consentimento cesión de datos”, que figura inmediatamente despois dos datos persoais)
  • Pago de taxas: Le con atención estas instrucións. O pago de taxas pode realizarse:

                - presencialmente en oficina bancaria. O pago efectúase antes da prematrícula no centro, con este impreso, e hai que aportar no  centro o xustificante de pago.     

               - telematicamente a través de Nerta. Esta modalidade de pagamento realízase despois da prematrícula no centro, despois de ter recibido os datos de acceso no teu correo electrónico e activar a conta na aplicación. Le atentamente as Instrucións Nerta.Convén que de todos modos aportes ao centro o xustificante de pago, para comprobar que non hai problemas coa matrícula.

                     (IMPORTANTE: Non activar a conta en Nerta ata que non recibas no teu correo electrónico o código necesario)     

  • Documentación a aportar no centro:
    • Impreso de solicitude do título de bacharelato cuberto.
    • Xustificante de pago das taxas do título de Bacharelato, por duplicado. En caso de pagamento online das taxas do título, o xustificante xerado no momento do pagamento. Se se fai presencialmente no banco, o documento selado pola entidade bancaria.
    • Impreso de matrícula ABAU cuberto, por duplicado.
    • Se o pagamento de taxas de ABAU se realiza en oficina bancaria, xustificante de pago de ABAU, por duplicado.
    • Fotocopia do DNI
    • En caso de familia numerosa, orixinal e fotocopia do libro de familia
    • En caso de Gratuidade: Documento acreditativo

 

PRAZO DE MATRÍCULA XOVES 16 E LUNS 20 DE MAIO

Horario de atención no centro:

    • Para evitar aglomeracións, convén que a matrícula se faga por grupos, en horario de 09 a 14. Preferentemente, o xoves 16 matrícula do alumnado con primeiro apelido ata a letra M (incluída), e o luns 20 o alumnado restante. 
    •  O martes 21 o alumnado debe revisar no centro os seus datos de matrícula ou comprobalos a través de NERTA, podendo interpoñer na secretaría do centro reclamación aos mesmos, ata as 14:00. Ese día recollerán en secretaría o certificado de Celga 4 e o seu historial académico.

 ABAU: COMISIÓNS DELEGADAS E SEDE DOS EXAMES

As comisións delegadas son os lugares onde se celebran os exames da ABAU, podes consultar a relación delas neste arquivo. O alumnado do IES Arcebispo Xelmírez II examínase na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, no Campus Norte.

PROTOCOLO PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS ABAU

É importante ler con atención o protocolo que rexerá a realización das probas.

Reclamacións ás calificacións finais curso 2023-24. Prazos e modelos.

Coñecidas as cualificacións finais tras seren publicadas en Abalar e/ou entregadas ao alumnado no centro, poderase presentar reclamación en primeiro lugar ante o centro, para que o departamento didáctico en cuestión revise a cualificación.

De persistir o desacordo, poderase presentar, tamén na oficina do centro, unha reclamación para que se tramite ante a Dirección Territorial (antes Xefatura Territorial).

Non se poderá recorrer á Dirección Territorial se non houbo reclamación previa ante o centro.

Tanto na oficina como nesta páxina teñen as instancias para presentar reclamacións tanto ante o centro como ante a Dirección Territorial.

No seguinte documento aparecen os prazos de reclamacións para cada nivel educativo.

CONVOCATORIA PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO 2023-2024

 

O prazo de presentación de solicitudes comeza hoxe, 29 de abril e remata o día 28 de maio de 2024. Pode acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) , introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311A ou ben en PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/). Adxúntase folla resumo das características do premio con indicacións importantes sobre como realizar a solicitude desde a aplicación de PremiosEdu.

Listaxes provisionais de admitidos e non admitidos do proceso de admisión do curso 2024/2025

Publicado no taboleiro do centro as listaxes provisionais de admitidos e non admitidos do proceso de admisión do curso 2024/2025. O prazo para reclamar é de 5 días hábiles a partir de mañá, día 26 de abril de 2024.

Calendario das probas de materias pendentes.

Adxúntase calendario das probas das materias pendentes para alumnado da ESO e Bacharelato.

Defensa dos traballos de investigación da V Promoción do STEMbach

O xoves 21 de marzo foi a data elixida para a defensa dos traballos de investigación da promoción 2022-24. A presidenta da xornada foi a Prof. Dra. Mª Elena Vázquez Cendón, decana da Facultade de Matemáticas da USC, e cunha impresionante traxectoria docente, investigadora e divulgadora, así como impulsora de innumerables actividades e proxectos de difusión e fomento da ciencia e das matemáticas.

Foi hai xa seis cursos, no ano 2018, cando botou a andar este programa en 14 centros de Galicia, un deles o Arcebispo Xelmírez II, naquel momento en fase inicial e que hoxe constitúe un proxecto consolidado con moitos máis centros participantes.

Neste xa longo percorrido deste programa no noso centro, temos conseguido incorporar ao mesmo alumnado das modalidades de Ciencias Sociais e Humanidades do bacharelato, ademáis do alumnado da modalidade Científica que con maior frecuencia se asocia ao ámbito STEM. Foron moitos os proxectos de investigación desenvolvidos e defendidos con éxito, nos máis diversos campos e temáticas.


     

     


Os traballos defendidos e o alumnado autor dos mesmos foron os seguintes:

"Detección de xenes de resistencia a antibióticos, codificados en plásmidos transmisibles de bacterias entéricas illadas dun curso fluvial" por Alejandro Gondelle Peinó, dirixido polo Prof. Dr. Carlos Rodríguez Osorio e pola Dra. Ana Vences Lorenzo, e titorizado por Rosa P. Quintela Sende e Juan Quintáns Rial.

"Revisión e avaliación de programas de reeducación de agresores en violencia de xénero" por Iria López Romeo e Alba Vidal Seijo, dirixido polo Prof. Dr. Ramón Arce Fernández, e titorizado por María del C. Rey Sobral e María Cristina Brión Calo.

"Análise do comportamento de fuxida fronte a humanos en especies de aves presentes en parques urbanos e zonas rurais de Santiago e a súa contorna" por Manuel Leal Cernadas e Alén Espiña Otero, dirixido polo Prof. Dr. Jesús Domínguez Conde, e titorizado por Rosa P. Quintela Sende e Juan Quintáns Rial.

"Aplicacións do concepto de inversión respecto dunha circunferencia á inversión de curvas planas e á análise de mecanismos" por Manuel Sande Vigo, dirixido polo Prof. Dr. Manuel E. Ladra González, e titorizado por Luis Mateo Sáez Abuín.

"Cálculo de ecuacións de sólidos de revolución mediante cuaternios" por Nuria Guerra Casal, dirixido polo Prof. Dr. Daniel Cao Labora, e titorizado por Luis Mateo Sáez Abuín.

Todos eles acadaron a cualificación máxima de 10 puntos, e os membros das comisións cualificadoras (a propia Elena Vázquez Cendón e un docente ou investigador especialista no campo, designado especificamente para cada un dos traballos, ademáis do coordinador do programa STEMbach no centro) destacaron a gran calidade de todos eles, que valoraron equivalente á dun bo traballo de fin de grao (TFG) universitario.

Parabéns a todos eles.

Calendario exames finais 2º Bacharelato

Calendario coas datas dos exames finais de 2º de Bacharelato

Convocatoria de bolsas do MEC 24/25 para 1º e 2º de bacharelato e Formación Profesional

Hoxe empeza o prazo para solicitar as bolsas do Ministerio de Educación para o alumnado que cursará 1º e 2º de BACH e ciclos formativos no 2024/2025.

Adxúntase información xeral en galego e castelá e o enlace a páxina do ministerio.

https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html

Día Internacional da Muller no IES Arcebispo Xelmírez II

O IES Arcebispo Xelmírez II, dentro do programa de actividades de marzo, quixo visibilizar e revalorizar o traballo das nosas mulleres. Grazas a todas por colaborar no noso mural e feliz día da Muller para todas.

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO 2024-2025

Do 1 de marzo, e ata o 20 do mesmo mes, estará aberto o prazo para solicitar praza en educación secundaria obrigatoria ou bacharelato en centros sostidos con fondos públicos (centros públicos e concertados).

Deberán facer esta solicitude as familias que desexen un cambio de centro para continuar estudos da mesma etapa, e as familias que desexan un centro non adscrito no caso de cambio de etapa (de primaria a secundaria, ou de ESO a Bacharelato) As familias con alumnado escolarizado no noso centro que desexen continuar estudos nel non deben facer nada.

A solicitude de praza realízase ben presencialmente no centro solicitado, ben a través da aplicación admisión alumnado:

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

O criterio de centro para a baremación das solicitudes é: procedencia dun centro de ensino público.

 

Adxúntase listaxe das prazas vacantes para o curso 2024-2025. Esa listaxe tamén está publicada no taboleiro do centro. 

Cúpulas Leonardo

Durante toda a semana o alumnado dos distintos cursos da ESO construíu, coa axuda do profesorado da materia, as diferentes estruturas das famosas cúpulas e Leonardo e, como podedes ver nas imaxes, a experiencia foi moi enriquecedora e divertida.

As pezas para o desenvolvemento da actividade foron cedidas pola Fundación Escola Rosalía de Vigo.

Pódense ver máis fotos na ligazón Fotos

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado

matriculado no curso 2023-2024 en 1º e 2º de bacharelato. Adxuntamos nesta mensaxe o enlace ao texto íntegro e ao

extrato da orde.

Conferencia do Dr. Miguel González Blanco no STEMbach

O doutor Miguel González Blanco, investigador do CiMUS da USC, pronunciou no noso centro unha conferencia para o alumnado STEMbach.

Nesta charla, puido compartir co alumnado a súa traxectoria investigadora, desde a súa etapa predoutoral ata a actualidade. Ademáis, explicou con enorme claridade os aspectos esenciais do traballo que desenvolve na investigación de reparación do ADN.

Moitísimas grazas ao Dr. González Blanco, así como ao CiMUS, por esta motivadora conferencia, e por compartir con nós o seu valioso tempo e os seus inmensos coñecementos.

O alumnado STEMbach visita a Facultade de Matemáticas

O xoves 11 de xaneiro, o alumnado STEMbach tivo a oportunidade de visitar a Facultade de Matemáticas da USC no Campus Sur.

A decana da facultade, a profesora Elena Vázquez Cendón, deunos a benvida e presentou á profesora Elena Vázquez Abal, que impartiu unha marabillosa conferencia, "Medindo como se curvan as cousas", que nos fixo reflexionar a todos sobres diferentes xeometrías posibles.

 

Moitísimas grazas á USC, á Facultade de Matemáticas e ás profesoras Elena V. Cendón e Elena V. Abal pola súa dispoñibilidade, pola calurosa acollida e pola calidade da conferencia.

Distribuir contido


by Dr. Radut