Skip to Content

Fondo solidario de libros de texto

Publicada a Listaxe Provisional de admitidos e excluídos. 

   Tal como indica a Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a  participación no fondo solidario de libros de texto, esta listaxe publicarase única e exclusivamente no taboleiro de anuncios no interior do edificio. 

   Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave 365 ou certificado dixital.

Calendario de exames de setembro

Xúntase calendario de exames de setembro.

Libros de texto 2021-22

Xúntase relación de libros de texto para o vindeiro curso 2021-22.

Curso 2020-2021: Calendario final de curso

Achegamos no ficheiro adxunto o calendario de fin de curso 2020-21, onde se concretan as datas de avaliacións, reclamacións e as datas preferentes de matrícula para os distintos niveis

O IES Xelmírez II de Santiago salienta a diversidade e os retos do covid no seu 175 aniversario

Y PR

SANTIAGO / LA VOZ

175 aniversario

PACO RODRÍGUEZ

Comparte a efeméride co Xelmírez I, pois eran o mesmo centro ata 1985

05 xun 2021 .

Actualizado ás 05:00 h.

Curso 2021-2022: Matrícula

Quen ten que matricularse?

Todo o alumnado promocionado de curso:

  • alumnado previamente matriculado no IES Arcebispo Xelmírez II
  • alumando con reserva de praza
  • alumnado con praza obtida no proceso de admisión

 

Calendario exames extraordinarios 2º de Bacharelato

No ficheiro que se xunta poden consultarse as datas dos exames da convocatoria extraordinaria para 2º de Bacharelato, que terán lugar o 21 e 22 de xuño.

Alumnos do Xelmírez II implícanse no estudo e limpeza do río que pasa xunto ao instituto.

Voz natura

Raquel Vázquez

A iniciativa forma parte do programa Voz Natura, ao que se uniu o centro santiagués este curso

22  may 2021 . Actualizado ás 05:00  h.

Hai anos, o IES Xelmírez II sacaba partido da contorna natural que hai xunto ao centro. Este tipo de actividades desapareceran, pero este curso o centro santiagués recuperounas no marco de Voz Natura, programa ambiental escolar ao que incorporou este ano o instituto. Agora os alumnos de primeiro de ESO e segundo de bacharelato volveron a  reconectar coa natureza que os rodea, implicados no estudo e limpeza do río Corgo (que pasa xunto ás súas instalacións).

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2022/23

As familias poderán solicitar den de hoxe día 19 de maio ata o próximo día 22 de xuño as axudas para a adquisición de libros de texto e de vales para material escolar, e participar no Fondo Solidario de Libros de Texto. Achégase a Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2022/23.

Presentación de solicitudes:

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

O formulario de solicitude tamén estará dispoñible nos centros educativos e na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Admisión alumnado 2021/2022: Publicadas as listas definitivas de admitidos e non admitidos

14/05/2021 14:24

Están publicadas as listas definitivas de admitidos e non admitidos. Pódense consultar na aplicación admisionalumnado, e tamén están expostas no taboleiro do centro.

 

Charla: Alexandre Bóveda, un caso de inxustiza

O xoves 6 de maio o alumnado da materia de "Ética e filosofía do Dereito" tivo o privilexio de escoitar a Valentín García Bóveda. Ao redor do tema "Alexandre Bóveda, un caso de inxustiza" o neto deste importante galego explicou como viviu e morreu o seu avó e como a súa familia personouse na "querela arxentina" para reparar a inxustiza de que Bóveda fose condenado, nun xuízo sumarísimo, a morte por traidor á patria.

Un verdadeiro pracer. Moitísimas grazas, Valentín!

Alexandre Bóveda

Alexandre Bóveda

Sorteo do día do libro

E este foi o resultado do sorteo do DÍA DO LIBRO

PREMIADOS

 

 PARABÉNS AOS AFORTUNADOS! A desfrutar da lectura!

Na seguinte foto podedes ver o grupo de mans inocentes que axudaron no sorteo.

E nas seguintes aparecen algúns dos afortunados e outra man inocente.

 

Situación ambiental do río Corgo

Os alumnos de 1º ESO B realizaron unha saída o día 24 de marzo para determinar a situación ambiental do río Corgo.

Os alumnos foron acompañados polas súas profesoras da materia de Bioloxía e Matemáticas. Paco Bañobre da asociación ADEGA foi o encargado de realizar as explicacións sobre a flora e a fauna e sobre os resultados obtidos nas medicións de parámetros físico-químicos do río. Agradecemos a súa participación nesta actividade.

Río Corgo

Máis fotos

Admisión alumnado 2021/2022: Publicadas listas provisionais de admitidos e non admitidos

23/04/2021 14:49

Están publicadas as listas de admitidos e non admitidos. Pódense consultar na aplicación admisionalumnado, e tamén están expostas no taboleiro do centro.

Poderase formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación, ante o consello escolar. O prazo terminará o vindeiro venres 30 de abril. As listaxes definitivas publicaranse antes do 15 de maio.

Admisión alumnado 2021/2022

25/02/2021 10:39

Iníciase o prazo para solicitar admisión en centros para o curso 2021/2022

* Prazo de presentación de solicitudes de admisión

Do 1 ao 22 de marzo (Orde do 18 de decembro de 2020, D.O.G. 256, de 22 de decembro de 2020)

* Onde e como presentar a solicitude

Hai dúas opcións:

a) cubrir a solicitude informaticamente e asinala en sede electrónica

deberá acceder á aplicación admisionalumnado

Distribuir contido


by Dr. Radut