Skip to Content

Probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional. Convocatoria 2021

Achegamos a Orde do 21 de xaneiro de 2021 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2021.

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 15 e 26 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 18 de febreiro e 3 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos

Calendario

E chegou o entroido á biblioteca!!!

Cantas veces ó ler un libro nos sentimos protagonistas del? 

 

Concurso de fotografía: "Matemáticas en un clic"

Matemáticas nun clic

"Matemáticas en un clic" é un concurso estatal de fotografía matemática dirixido a estudantes da Ensinanza Secundaria Obrigatoria de todo o Estado español. Está organizado pola rede de divulgación Dima en colaboración con distintas asociacións de matemáticas e empresas, co apoio e colaboración de gran parte da comunidade matemática española. Para facilitar a participación do alumnado do noso centro, o departamento de Matemáticas organiza unha fase de centro.

Bases do concurso

Primeiro trimestre na biblioteca

Rematado o primeiro trimestre, desde o equipo da Biblioteca só nos queda desexar un ano 2021 cheo de novas ilusións, de novas e boas lecturas e moita saúde

 Aquí vos deixamos un resumo do que fixemos neste comezo de curso tan especial


 

Concurso de postais de Nadal

  • CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL: Dende a biblioteca animámoste a participar no concurso de postais de Nadal, tes ata o día 11 de decembro.  AMPLIAMOS O PRAZO ATA O DÍA 17 DE DECEMBRO

Gañadores do concurso de relatos curtos de medo, 25 de novembro e concurso de postais de Nadal

 

  • CONCURSO DE RELATOS CURTOS DE MEDO: Xa temos gañadores! 

                  

             

 

 

O IES Arcebispo Xelmírez II contra a violencia de xénero

Con motivo do Día internacional contra a violencia de xénero, 25 de novembro,  dende o equipo da biblioteca do IES Arcebispo Xelmírez II  animamos a toda a comunidade educativa a crear un muro contra a violencia de xénero durante toda a semana. Cada un de nós aportará o seu ladrillo cunha mensaxe para deixar claro que rexeitamos calquer tipo de violencia (física, coacción, amenazas, ....) hacia a muller.



CARTEL DA ACTIVIDADE

Orde do 6 de novembro de 2020 que regula a distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial.

16/11/2020 12:19

Publicouse no DOG do 13 de novembro a orde do do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes da consellería no curso 2020-2021. Trátase de máscaras hixiénicas reutilizables.

É beneficiario da axuda o alumnado que recibiu axuda para adquirir material escolar. Non ten que realizar agora ningún trámite.

O alumnado que non recibiu axuda para adquirir material escolar pode solicitar ser beneficiario do reparto de máscaras se cumpre algún dos seguintes criterios:

-ter unha renda per capita igual ou inferior a 6.000 € (exercicio fiscal de 2018)

-estar matriculado en educación especial, estar baixo tutela ou garda da Xunta de Galicia ou ter unha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da renda

A solicitude debe facerse presencialmente no centro. Os formularios poden descargalos aquí.

O prazo de solicitude remata o 27 de novembro.

Mes da ciencia en galego nas bibliotecas

Mes da ciencia                           

 

 

 Con motivo do Día da Ciencia en Galego (4 de novembro) as Bibliotecas celebramos o 

MES DA CIENCIA EN GALEGO.

 

 

  Na nosa Biblioteca Arcebispo Xelmírez II dispoñemos de libros e revistas de temática científica en galego. Non dubides en solicitalos. Aquí vos deixamos algúns de mostra:

2º Concurso de Relatos curtos de MEDO

A Biblioteca Arcebispo Xelmírez II convoca por 2º ano consecutivo o "Concurso de Relatos curtos de MEDO", anímate a participar enviando antes do 21 de novembro a túa composición.

Consulta aquí as bases para o concurso.     O xurado vai tremer de MEDO!!!!

Actividades do maratón de astropartículas

Os días 14 e 16 de outubro desenvolveuse no IES Arcebispo Xelmírez II a Maratón de Astropartículas (https://cienciaxelmirezii.wordpress.com/2020/10/25/maraton-de-astroparticulas/), un ciclo de charlas e actividades para o alumnado de 4º ESO (todo o alumnado) e 1º e 2º de bacharelato (de física e química e física, respectivamente) no marco da realización en Galicia desta actividade, grazas ao empeño da nosa compañeira Raquel Veira, do CPI O Cruce de Cerceda, e ao tesón da coordinadora da actividade, Mª Dolores R. Frías, que lidera este proxecto de divulgación financiado pola FECyT. Participou tamén alumnado do IES Rosalía de Castro (Santiago), co cal as actividades desenvolvérense en tres centros diferentes.

O maratón de astropartículas chega a Santiago de Compostela (e bisbarra...)

Entre o mércores 14 e o venres 16 de outubro de 2020 terá lugar o Maratón de Astropartículas en Santiago de Compostela.

Coordinado por Mª Dolores Rodríguez Frías, catedrática de Física na Universidade de Alcalá de Henares, é o resultado dun proxecto do FECyT.

Nesta ocasión, visitarán o IES Arcebispo Xelmírez II (mércores e venres pola mañá), así como o CPI O Cruce de Cerceda e o IES Rosalía de Castro. No noso centro haberá charlas e talleres para o alumnado de 4º ESO, e 1º e 2º de bacharelato (bacharelato científico e alumnado de Física).

Entre os poñentes das numerosas actividades, atópanse Luis del Peral (UAH), Gonzalo Parente (USC), Víctor Tilve e Ramón I. Marzoa (Observatorio de Javalambre), Mario Gómez (Univ. de Huelva) e Josefina Ling (USC).

https://spas.uah.es/

Presentouse o STEMBach 2020-21

Este mércores 8 de outubro realizamos a presentación do programa STEMBach. A pesar das dificultades desta situación, temos unha enorme ilusión por seguir desenvolvendo todas aquelas actividades e iniciativas que sexa posible. Iremos informando, e tamén... podes achegar suxestións ou ideas. Por que non?

Para comezar, debatemos sobre a planificación do curso e sobre os avances que se levan realizado nos traballos de investigación que lerán os compañeiros de 2º curso ¡Teñen moi boa pinta!

Tamén visualizamos o vídeo de promoción deste programa (https://youtu.be/UqnZ8aLf-b4) que preparamos para este inicio de curso. ¡Bótalle unha ollada e dános a túa opinión!

Distribuir contido


by Dr. Radut