
A piques de rematar o curso chega o momento de compartir experiencias dos proxectos desenvolvidos ao longo do mesmo. Como moitos de vós xa sabedes o noso IES está formando parte do programa Piteas, colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Fundación Barrié e a Universidade de Santiago de Compostela.
Neste ano académico desenvolvimos, co alumnado de 1º ESO, un ambicioso proxecto orientado á mellora das instalacións e do clima de convivencia no centro e na tarde do venres 9 de xuño participamos, xunto cos outros 7 centros que forman parte do programa, na Feira ideada para expoñer e compartir proxectos, na Cidade da Cultura. No noso stand, a maqueta de redeseño das aulas foi unha das grandes protagonistas.