Skip to Content

Vista do alumnado de 2º ESO á Casa das Ciencias de A Coruña

Cerrando a semana que mais actividades complementarias e extraescolares concentra no noso IES, o alumnado de 2º ESO visitaba hoxe a Casa das Ciencias de A Coruña. A visita comenzou coa visualización no planetario da película "Da Terra ao Universo", un espectacular viaxe de 30 min no tempo e no espazo, e coa explicación do ceo de primavera que poderemos do que poderemos disfrutar esta noite con visualización en tempo real.

Despois alumnos e alumnas percorreron as dúas plantas abertas con experimentos de física de todo tipo: mecánica, óptica, electromágntetismo... E observaron con interese o nacemento de pitiños e a caída dos pivotes do Péndulo de Foucault, na planta baixa da casa.

Remtatamos a mañá cun tempo de lecer xunto á Fonde da Bóla situada á entrada do parque de Santa Margarida, no que se atopa a Casa das Ciencias, recobrando forzas para iniciar a viaxe de volta a Santiago.

Chegan así uns días de descanso despois desta semana de tanto axetreo. ¡Felices Vacacións!



story | by Dr. Radut