Skip to Content

Pasado, presente e un futuro moi prometedor na celebración do 30 aniversario do Plan Comunitario de Vite

O pasado mércores 15 de novembro, celebrouse no Centro Sociocultural José Saramago de Vite o trinta aniversario do Plan Comunitario do barrio. O programa de actos incluiu a presentación da exposición “30 anos facendo barrio”, a proxección do documental “Brancos, marróns, verdes e grises” e actuacións musicais a cargo de alumnas e alumnos do noso centro. 

Este Plan Comunitairo leva 30 anos traballando no proceso evolutivo desta comunidade coa participación activa da veciñanza. O acto tiña como obxectivo, precisamente, recoñecer, agradecer e poñer en valor esa implicación de veciñas en veciños para construir, ano tras ano, un barrio aínda mellor.

No acto, que contou cunha ampla representación do IES Arcebispo Xelmírez II entre os asistentes, tamén interviñeron: Rosa Álvarez, directora do Plan Comunitario de Vite, Joel Gómez, xornalista e autor dun estudio sobre o barrio de Vite, a Concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández e o Alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega.

Agradecemento especial a Antón, Esteban, Pablo e Tamara por poñer esa nota musical nunha fermosa celebración na que estiveron representados o pasado, o presente e o prometedor futuro do barrio de Vite.

 



story | by Dr. Radut