Skip to Content

Novas

O IES Xelmírez II continúa co programa de innovación educativa Club de Ciencia no curso 2017/2018 (La Voz de Galicia)

Xornada de adestramento masivo en RCP con participación do alumnado de 2º ESO (Crtvg)

Os medios de comunicación galegos, prensa e televisión, fixeronse eco no día de onte da Xornada de adestramento masivo en soporte vital básico que se celebrou na Cidade da Cultura, organizada polas Consellerías de Educación e Sanidade, e na que participou o noso alumnado de 2º ESO xunto con alumnado doutros centros.

O alumnado de 2º ESO participou nunha Xornada de adestramento en soporte vital básico na Cidade da Cultura

 

Está mañá celebrouse na Cidade da Cultura unha xornada de formación temperá en soporte vital básico (SVB) cun adestramento masivo no que participou boa parte do alumnado de 2º ESO do noso centro. A actividade foi organizada polas Consellerías de Educación e Sanidade, a través da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061. No adestramento tiveron ocasión de familiarizarse, entre outras cousas, coas prácticas básicas de RCP, como se pode ver na imaxe sobre estas liñas.

"Unha viaxe científica pola Antártida". Celebramos o Día da Ciencia en Galego con Luis Sampedro

Cada 4 de novembro celebramos o Día da Ciencia en Galego que en 2017 chega xa a súa oitava edición. A temática elixida para este ano é a de "Viaxes pola Ciencia", polo que o Equipo de Dinamización Lingüística do centro, FalaX2, organizou, para comenzar coas celebracións no día de hoxe, un encontro co científico Luis Sampedro que falou co alumnado de 1º e 3º ESO da súa experiencia investigando na Antártida. 

Reunións acollida pais e nais

Reunións cos titores, Departamento de Orientación e equipo directivo.

Martes 3 de outubro ás 18:30, familias do alumnado de 1º e 2º de Bacharelato

Mércores, 4 de outubro ás 18:30, familias do alumnado de 3º e 4º ESO

Xoves, 5 de outubro ás 18:30, familias do alumnado de 1º e 2º ESO

Listaxe definitiva "Fondo Libros"

A listaxe definitivas das axudas da convocatoria "Fondo Libros" - Orde do 16 de maio de 2017 (DOG do 22 de maio)-están a disposición das familias na oficina do centro.

En cumprimento do establecido no Artigo 18. 1 da citada Orde, están publicados no taboeiro de anuncios.

 

Instruccións para o desenvolvemento do curso 2017-2018

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instruccións para o desenvolvemento, no curso académico 2017/18, do currículo establecido no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, de educación secundaria obrigatoria e do bacharelato nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Reclamacións 2º Bacharelato

Circular nº 2/2017 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se desenvolve a Orde do 22 de abril de 2010, pola que se establece o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do bacharelato establecido na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación para o curso 2016-17

Colaboracion do IES Arcebispo Xelmírez II coa ONG Families4peace

Aquí tedes o vídeo da colaboración do noso centro coa ONG Families4peace, na que se xuntaron 200 caixas de roupa e comida para aos refuxiados en Tesalónica.

"El Xelmírez II reunió alimentos y ropa de la comarca con destino a personas refugiadas" (La Voz de Galicia)

recollida de alimentos para refuxiados

Renovación parcial do Consello Escolar (2016-2017)

Nesta entrada iremos colgando todo o relativo á renovación parcial do Consello Escolar que está en marcha durante este mes de novembro.

Convocatoria de bolsas do Ministerio de Educación para o curso 2016-2017

Xa está aberto o prazo para a solicitude de bolsas para estudiar bacharelato e para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

As solicitudes realízanse online dende a sede electrónica do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, os enlaces son os seguintes:

- Bolsas para estudiar bacharelato (prazo do 16 de agosto ata o 03 de outubro)

- Bolsas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (prazo do 8 de agosto ó 29 de setembro)

 

Semana de divulgación arredor da luz no IES Arcebispo Xelmírez II

Co gallo do Ano Internacional da Luz e das Tecnoloxías asociadas á Luz, o I.E.S. Arcebispo Xelmírez II adica a esta temática a semana de divulgación deste curso 2014-15.

Haberá múltiples actividades (conferencias, experimentos interactivos, obradoiros, exposicións ou aulas temáticas, por exemplo) organizadas polo centro coa colaboración de diversas institucións.

DISPOÑIBLE XA NO ARQUIVO ADXUNTO O PROGRAMA DEFINITIVO.

ÁNIMO E A PARTICIPAR!

 

II CONCURSO DE RELATO BREVE DE TERROR EN GALEGO

Convocado pola Biblioteca Anxel Casal, para maiores de 14 anos.

Máis información na seguinte web:

http://rbgalicia.xunta.es/santiago/index.php?subApartado=173

CONCENTRACIÓN EN LEMBRANZA DA ALUMNA DO I.E.S. DE BRIÓN FALECIDA EN SETEMBRO

CONCENTRACION NO PARQUE PABLO IGLESIAS DE VITE

MAÑÁ MARTES 14 DE OUTUBRO, ÁS 19:00

EN MEMORIA DA ALUMNA DO I.E.S. DE BRIÓN FALECIDA O MES PASADO.

No arquivo adxunto podedes ver o cartaz da concentración.

Distribuir contido


by Dr. Radut