Skip to Content

"Unha viaxe científica pola Antártida". Celebramos o Día da Ciencia en Galego con Luis Sampedro

Cada 4 de novembro celebramos o Día da Ciencia en Galego que en 2017 chega xa a súa oitava edición. A temática elixida para este ano é a de "Viaxes pola Ciencia", polo que o Equipo de Dinamización Lingüística do centro, FalaX2, organizou, para comenzar coas celebracións no día de hoxe, un encontro co científico Luis Sampedro que falou co alumnado de 1º e 3º ESO da súa experiencia investigando na Antártida. 

A charla foi todo un éxito, o alumnado pasou un rato moi divertido, e educativo, escoitando as experiencias do científico na súa viaxe. Aquí tedes unha das fotos de grupo que fixemos ao rematar, atoparedes máis imaxes e un vídeo con entrevista ao relator no blog do Equipo de Dinamización Lingüística.

Aproveitamos a ocasión para agradecer, tamén desde aquí, a Luis Sampedro a súa visita.

Máis información | Ciencia en GalegoFalaX2



story | by Dr. Radut