Skip to Content

O alumnado de 2º ESO participou nunha Xornada de adestramento en soporte vital básico na Cidade da Cultura

 

Está mañá celebrouse na Cidade da Cultura unha xornada de formación temperá en soporte vital básico (SVB) cun adestramento masivo no que participou boa parte do alumnado de 2º ESO do noso centro. A actividade foi organizada polas Consellerías de Educación e Sanidade, a través da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061. No adestramento tiveron ocasión de familiarizarse, entre outras cousas, coas prácticas básicas de RCP, como se pode ver na imaxe sobre estas liñas.

Ao acto asistiron tamén o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña; o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González; e o director da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, José Antonio Iglesias Vázquez. 

En paralelo con esta actividade, ao longo do día de hoxe desenvólvese tamén na Cidade da Cultura a II Xornada de Atención Educativa ao Alumnado con Enfermidade Crónica, organizada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e na que tamén participa profesorado do centro. Nela, os docentes reciben información por parte de médicos especialistas de hospitais galegos sobre como facer fronte a cuestións como a diabete, as crises anafilácticas ou alerxias, as crises convulsivas...

Máis información | Xunta de Galicia

 

 



story | by Dr. Radut