Skip to Content

Novas

Convocatoria de asembleas xerais ordinaria e extraordinaria da Anpa. Xoves, 22 de novembro, ás 18 horas.

Convócase a todas as socias e socios da ANPA do IES Xelmírez II a dúas asembleas xerais (unha ordinaria e outra extraordinaria), que se celebrarán o xoves, día 22 de novembro, a partir das 18 horas.

Máis información aquí: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesarcebispoxelmirez2/taxonomy/term/14

Presentación do Bacharelato STEM

O IES Arcebispo Xelmírez II é un dos quince centros seleccionados en toda Galicia para comezar a impartir este curso o bacharelato de excelencia en ciencia e tecnoloxía, aberto a todo o alumnado de 1º de bacharelato.

Este alumnado cursará unha materia adicional e levará a cabo, no 2º curso, un traballo de investigación en colaboración con docentes e investigadores das universidades e principais centros galegos.

O 20 de setembro inaugurouse formalmente esta opción académica coa presenza do equipo directivo do centro.

INDICACIÓNS PARA SETEMBRO 2018 NA MATERIA DE CIENCIAS SOCIAIS 2º ESO

O ficheiro adxunto contén as indicacións do profesor para prepara o exame da convocatoria extraordinaria do curso 2017-18 na materia de Xeografía e historia de 2º ESO.

Fondo solidario de libros de texto. Prazos publicación listaxes.

Ao amparo do establecido no Artigo 19.2 da ORDE do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2018/19, segundo o que “Os prazos para realizar os actos de xestión indicados nas letras anteriores poderá fixalos o centro, en función das súas necesidades, e deberá publicalos no seu taboleiro de anuncios e/ou páxina web, de forma que quede garantido que os representantes legais do alumnado os coñecen con antemán”, o IES Arc

Convocadas axudas para a STEMweek: reunión informativa 3º e 4º ESO

Xúntase a Orde do 23 de maio de 2018 pola que se aproban as bases e se convocan axudas para a realización de actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2018, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

O xoves 14 de xuño ás 19:30 h terá lugar unha reunión informativa na aula de usos múltiples do centro á que convidamos ás familias do alumnado de 3º e 4º ESO.

Orde do 23 de maio de 2018 pola que se aproban as bases e se convocan axudas para a realización de actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2018, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

III Premio Ofelia Devesa de Educación Activa. Ceremonia de entrega de premios e vídeos gañadores

 

O luns 11 de xuño tivo lugar no IES Arcebispo Xelmírez II a cerimonia de entrega dos premios Ofelia Devesa de Educación Activa 2017-2018, que continúan con obxectivo, nesta III edición, de promover a investigación, a divulgación e a creatividade entre o alumnado de Educación Secundaria e Bacharelato. Durante a gala de entrega de premios, proxectáronse no salón de actos do centro os videos presentados polo alumnado participante, antes de comunicar os nomes dos gañadores e proceder á entrega de diplomas.

Xunto coas alumnas e os alumnos premiados, na imaxe sobre estas liñas, de esquerda a dereita: Carlos Lema Devesa, catedrático de Dereito Mercantil na Universidade Complutense de Madrid, exalumno do Instituto Arcebispo Xelmírez e promotor do premio; Manuel Dios Diz, concelleiro de educación e cidadanía de Santiago de Compostela; Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia; Goretti Sanmartín Rei, vicepresidenta da Deputación da Coruña e Ana M. Alonso Rodríguez, directora do centro.

Graduación da promoción 2012-2018

O pasado venres 18 de maio, celebramos o acto de Graduación do alumnado de 2º de Bacharelato, da promoción 2012-2018. Deixámosvos a foto de grupo coas titoras de recordo. Parabéns!

Charla sobre "Adiccións e riscos na rede"

O próximo xoves, día 22 de marzo, Antonio Rial Boubeta, profesor de Psicoloxía da USC falaranos sobre as adiccións e sobre os riscos que existen en Internet para as nosas fillas e fillos.

Este experto compartirá connosco os resultados dun estudo que fixo entre o alumnado dos centros de ensino medio de Compostela, incluído o noso IES.

A charla-coloquio desenvolverase ás 18 horas na biblioteca do noso centro.

Tedes máis información no blogo da anpa (http://anpaxelmirez2.blogspot.com.es/)

Esperamos a vosa asistencia.

Alumnado de ESO e Bacharelato participa na V Olimpíada Filosófica de Galicia

O pasado venres, 16 de febreiro, alumnas e alumnos do noso centro participaron na V Olimpíada Filosófica de Galicia que se celebrou na Facultade de Filosofía da USC. O alumnado de 3º e 4º ESO participou na categoría de "Dilemas Morais" e o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato na categoría de "Disertación Filosófica"

Campus científicos de verán 2018

 

Na web http://www.campuscientificos.es está toda la información referente á convocatoria de Campus Científicos de Verán 2018 dirixida ao alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato. O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto do 16 de febreiro ata as 15:00 h do día 9 de marzo de 2018.

Probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional para o ano 2018

Achegamos a Orde do 22 de xaneiro de 2018 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2018.

  • Probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 12 e 23 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos. Calendario.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 8 e 23 de febreiro de 2018, ambos os dous incluídos. Calendario.

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018

Achégase a Orde do 22 de xaneiro de 2018 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

O prazo para a presentación de solicitudes será do 8 de febreiro ata o 7 de marzo (incluído)

A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle.

Ciencia, tecnoloxía e moita diversión... Así foi a experiencia do noso alumnado na Semana STEM

O pasado mes de decembro de 2017 parte do noso alumnado de 2º ESO tivo a oportunidade de participar nunha actividade moi especial organizada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: a "semana STEM". O departamento de física e química fixo a solicitude para o centro no mes de setembro e en outubro recibimos a noticia de que o IES Arcebispo Xelmírez II resultara seleccionado para a súa participación con 25 alumnas e alumnos. O balance global da experiencia é moi positivo.

A experiencia do noso Club de ciencia na Revista Galega do Ensino (eduga)

Pasado, presente e un futuro moi prometedor na celebración do 30 aniversario do Plan Comunitario de Vite

O pasado mércores 15 de novembro, celebrouse no Centro Sociocultural José Saramago de Vite o trinta aniversario do Plan Comunitario do barrio. O programa de actos incluiu a presentación da exposición “30 anos facendo barrio”, a proxección do documental “Brancos, marróns, verdes e grises” e actuacións musicais a cargo de alumnas e alumnos do noso centro. 

Distribuir contido


by Dr. Radut