Skip to Content

III Premio Ofelia Devesa de Educación Activa. Ceremonia de entrega de premios e vídeos gañadores

 

O luns 11 de xuño tivo lugar no IES Arcebispo Xelmírez II a cerimonia de entrega dos premios Ofelia Devesa de Educación Activa 2017-2018, que continúan con obxectivo, nesta III edición, de promover a investigación, a divulgación e a creatividade entre o alumnado de Educación Secundaria e Bacharelato. Durante a gala de entrega de premios, proxectáronse no salón de actos do centro os videos presentados polo alumnado participante, antes de comunicar os nomes dos gañadores e proceder á entrega de diplomas.

Xunto coas alumnas e os alumnos premiados, na imaxe sobre estas liñas, de esquerda a dereita: Carlos Lema Devesa, catedrático de Dereito Mercantil na Universidade Complutense de Madrid, exalumno do Instituto Arcebispo Xelmírez e promotor do premio; Manuel Dios Diz, concelleiro de educación e cidadanía de Santiago de Compostela; Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia; Goretti Sanmartín Rei, vicepresidenta da Deputación da Coruña e Ana M. Alonso Rodríguez, directora do centro.

Finalmente os alumnos e alumnas premiados foron:

  • Na primeira categoría (de 1º a 3º ESO):

1º premio: Pablo Pazos e Antón Etxeita con "Dióxenes". 
2º premio: Daniel Noya e Manuel Vea. 
3º premio: Beatriz Torreira.

  • Na segunda categoría (4º ESO e Bacharelato):

1º premio: Rosalía Rodríguez con "Entre cables e neuronas".
2º premio: Candela Conde
3º premio: Yaiza Álvarez e Belén Hernández.

Moitos parabéns aos gañadores e tamén a todos os participantes polo seu esforzo e pola excelente calidade dos seus traballos. Agardámosvos a vosa participación no vindeiro curso 2018-2019 no xa IV Premio Ofelia Devesa de Educación Activa.

Tamén podedes ver a nova no portal da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en NoticiasPress e no xornal La Voz de Galicia



story | by Dr. Radut