Skip to Content

Alumnado de ESO e Bacharelato participa na V Olimpíada Filosófica de Galicia

O pasado venres, 16 de febreiro, alumnas e alumnos do noso centro participaron na V Olimpíada Filosófica de Galicia que se celebrou na Facultade de Filosofía da USC. O alumnado de 3º e 4º ESO participou na categoría de "Dilemas Morais" e o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato na categoría de "Disertación Filosófica"

 

Acompañados polas profesoras de Filosofía e Valores Éticos: Ana, Marita e Noelia gozaron moito da experiencia e agardan agora os resultados que se darán a coñecer nos próximos días. Os traballos que resulten seleccionados nesta primeira fase serán defendidos en marzo perante tribunal para decidir finalmente cales son os gañadores. 

Segundo indica a organización, nas probas do venres nesta quinta edición da Olimpíada Filosófica de Galicia, participaron en total uns 200 alumnos e alumnas de diferentes centros de Galicia e apostamos a que a cousa vai estar reñida... Pero, pase o que pase, estamos moi orgullosos e agradecidos ao noso alumnado polo seu esforzo e ilusión.

Máis información | Olimpíada Filosófica de Galicia



story | by Dr. Radut